GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D238
1459, xuño, 11
Rodrigo Salgado, padroeiro da igrexa de San Pedro das Maos, solicita a Ares González, cóengo e vigairo do deán, dous meses de prórroga sobre os catro con que contaba para presentar as probas do seu dereito e invalidar a colación que se fixera sen a súa presentación. (fols. 67v-68)

Rodrigo Salgado.

En este día enna iglesia de San Martiño ante Ares Gonçalves coengo et vigario do dean d’Ourense paresçeu ante el Rodrigo Salgado et diso que pedia ao dito (fol. 67v)
vigario que por rason que el era padroeyro verdadeiro da iglesia de San Pedro das Maaos et estava en posison dea presentar e seu linageen et aquelles donde el deçendia et agora se vacara et el lle requerira que non fesese collaçon da dita iglesia a persona alguna sen sua apresentaçon et sen dar carta dentrega a dita iglesia, o qual el non esgardara et fesera collaçon dela sen sua apresentaçon, por lo qual todo o por el feito era asy nehuun (por ende)* et el entendía de prosegyr sua justiça sobre elo et era debate ontre el et Gonçalvo Rodrigues de Soutello sobre elo et posto por juis ontre elles a Fernando Gonçalves clerigo, et el entendía de presentar en elo seus tests. e provanças ante o dito Fernando Gonçalves de como era en el de presentar o dito benefiçio (po)* et o tenpo dos quatro meses entendia que pasaría en a(...), que lle pedia que aalende os quatro meses que el avía de presentar que lle outorgase outros dous meses para faser sua provança e presentar seus dereitos, et o dito Ares Gonçalves diso que aalende dos ditos quatro meses que lle dava outros dous meses de praseo en que fesese sua provança et presentase seu dereito, o qual diso que lle dava en quanto podía et devia de dereito. Tests. Joan Paas, Pero Fernandes notarios, Joan Bugallo (pa)*. (fol. 68)