GMH/ÍNDICE A-Z

190

abril, 10

O xuíz Lois González ratifícase ante mestre Fernando na denuncia contra os homes de Afonso Sánchez que o atacaran e feriran nunha man, que estaban presos e contra os que solicitaba pena de morte, por ser el xuíz e acudir a sosegar o altercado no que estaban implicados. (fol. 61-61v)

Loys Gonçalves.

En este dia, sabado X dias de abril, en Ourense, Loys Gonçalves diso que jasendo en suas casas de morada en sua cama ferido en huna maao dereyta, diso que dava e deu querella a mestre Fernando, juis en lugar de Afonso Yanes, non se partindo da querella que dado avia ao dito Afonso Yanes, ante afirmandose en ela, que dava querella de Gomes Fernandes e Joan Maracaras, omees do dito Afonso Yanes Sanches, que estavan presos en cadea en poder do dito Afonso Yanes e que lle requeria que por quanto que el sendo juis et elles levantaran royndo con omes do abade e con outras personas e el como juis da dita çidade fora ao dito roydo porlos partyr e chegara ao dito roydo et como chegara lles diseran que estevesen quedos e non levantasen roydo et logo o dito Gomes Fernandes e Macaras lle dera e outros ommes do (f ol. 61)
dito Afonso Sanches que estavan mexiidos enno dito roydo, que aderençaran a el e outras personas e que lle non quiseran catar reberençia e que o dito Gomes Fernandes que lle dera huna ferida enna maao dereyta segundo que logo y mostrou, da qual ferida avya açerqa de hun mes que jasia en cama ferido e non se levantara et estevera e estava en ponte e atallo de morte, porlo qual o dito Gomes Fernandes e os outros que con el foran meresçian penna de morte, por el seer juis e yr por partyr os eles feriren, por ende que llo llo dava todo por querella et que lle requeria que sacase \tomase/ peresquisa que sobre elo estava sacada e proçedese contra elles segundo que a achase por dereito, senon que protestava que el fose tiindo as pennas que eles meresçian e de aver por eles e por seus beens todaslas custas e perdas e dapnos que sobre elo recreçesen e que o pedia asy signado. Et logo o dito mestre Fernando diso que lle pesava dello e que eles estavan presos en cadea en poder do dito Afonso Yanes e que lle dese a peresquisa e que eran prestes de faser conprimento de dereito e de justiça e que esto lles dava por resposta, negandolle todas suas estimaçoens et protestaçoens e non etç. Tests. Alvaro Afonso, Gonçalvo Yanes, Fernando e Rodrigo omes do dito Loys Gonçalves. ( fol. 61v)