GMH/ÍNDICE A-Z

728
1372, decembro, 27. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle ao arcediago de Deza, durante dez anos, os aniversarios e as súas rendas por 20 000 cruzados anuais e outras obrigas.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 14v-15r.

Era de mill et quatroçentos et des annos, viinte et sete dias do mes de desembro.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo estando iuntados en cabidoo por campaa taniuda enno coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, arrendamos a vos don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça, todos los aniversarios et rendas delles que a elles perteesçen, et con padroadegos de iglesias et iantares, et con todas outras rendas et iures et possissoes et pertenençias et dereyturas, que a os ditos aniversarios perteesçen et deven perteesçer de feyto et de dereyto en qualquer maneyra, do San Iohan Babtista primeyro que ven da era de mill et quatroçentos et onse annos ata des annos primeyros seguentes, segundo que mellor et mays compridamente se ussaron ata aqui en renda, a a tal condiçon que vos, lo dito arçidiago, façades lavrar et parar ben as herdades que a os ditos aniverssarios perteesçen, et aquelles casares dos ditos aniverssarios, que agora estan poblados ou averbados en que aia a ficar pobro, que vos que os leixedes poblados assy commo os achardes, et que non tomedes ende poblos nen terças del et se o tomardes que o tornedes ennos ditos lugares et entreguedes y segundo que o tomardes. Et outrosy que as cassas, que ora estan feytas, que as reparedes et endereçedes por vosso custo do adubeyro que ouveren mester et acabado este dito tempo da dita renda que fiquen livres et quitas et desenbargadas a os ditos aniverssarios, salvo aquellas que caeren por lo pe ou por la cubreteyra de çima caendo en terra, ou arderen. Et outrosy se acaeszer de en esta çibdade de Lugo pasar rey, ou infante, ou ricoome, ou conde, ou endeantado de noso sennor el rey, ou outro omme poderoso algun et companeyros que con elles veeren, et pousaren en alguna das casas dos ditos aniversarios et as dampnifficaren ou destruyren en alguna maneyra d’aquellas lavores que en ellas et en algunna dellas esteveren feytas, o procurador de nos dito cabidoo con outro omme boo da dita iglesia vaan veer as ditas casas en que assy poussaren, et aquello que dellas destruyren et dampnifficaren que nos, o dito dayan, et cabidoo seiamos teudos de as reffaçer et reparar por nosa custa. Item outrosy vos, lo dito arçidiago, que enno tempo da dita renda ponnades distribuydor que conte as oras et destribuya et parta os dineyros, que perteesçeren a os ditos aniverssarios, a as persoas et coengos et raçoeyros et coengos de aniversarios da dita iglesia por vosa custa. Item outrosy que todas las mandas et esmolas, que foren mandadas a os ditos aniverssarios enno dito tempo da dita renda, que vos, lo dito arçidiago, que as aiades livres et quitas con suas dereyturas, et a o tempo da dita renda acabado que fique a os ditos aniversarios. Item outrossy nos, los ditos dayan et cabidoo, non avemos de façer foros nen rendas das herdades et casas et vinnas et iures et pertenenças et dereyturas dos ditos aniverssarios d’alguas persoas nen de parte dellas, nen lle fasser outorgar contractos alguus enno dito tempo en nihuna maneyra sen outorgamento de vos, lo dito arçidiago, et fasendoo que non valla et seia ninhun. Item outrossy que nos, lo dito dayan, et cabidoo et cada hun de sua iuridisçon que vos diamos aquellas cartas das nossas chançellarias sen custo algun, quaes vos compriren et feçeren mester para demandar et requerir et aver et cobrar as rendas et dereyturas dos ditos aniversarios, et aiudarmos-vos et façer dereyturas de aquelles que vos forçar ou enbargo en ellas quiseren poer. Outrosy nos, o dito dayan, et cabidoo revogamos et damos por nihuns todos los foros et rendas et prestamos que foron et son feytos por nos et por nosos anteçessores en dapnno da dita iglesia et servidores della ata aqui, et reçebemos-los por nos et para os ditos aniverssarios, et damos poder a vos, o dito arçidiago, ou a aquel et aquelles que por vos ouveren de recadar, que os possades tomar et reçeber por nos et en nosso nome d’aquelles foreyros et rendeyros et prestameyros, que os de nos teen, para vos et para os ditos aniversarios. Et vos, lo dito arçidiago, avedes-nos a dar en renda, de cada hun anno, por los ditos aniversarios et rendas et dereyturas delles, segundo dito he, viinte mill cruçados desta moneda del rey don Enrrique, et pagardes-los cada mes aquellas [...] acaesçer a o distribuydor, que for dos ditos aniversarios, que el os posa dar et distribuyr a aquelles que foren a dita iglesia, segundo fore acustumado, por tal que a dita iglesia seia servida et non mingoe nen desfalesca o serviçio de Deus en ella, et se por la ventura acaesçer que esta moneda de cruçados et rayaes de tres cruçados, que ora anda, fose desfalesçyda ou desfeyta en alguna maneyra que vos, lo dito arçidiago, nos dedes et paguedes por cada çinquo mil coroados [...] desta moneda del rey don Alffonso, a des dineyros cada moravedi. Item outrossy vos, lo dito arçidiago, avedes a poer de cada [...p]alla enno cora da dita iglesia, tres veses enno anno, segundo que he acustumado de se y deytar. Et outrosy nos, o dayan, et cabidoo poemos convosco, arçidiago, de nos reçeber en esta renda toma de rey et de infante et de conde et de ricoome et de endeantado et merino et de outro omme poderoso mostraando vos, por vos ou por voso procurador [...] ata quinçe dias primeyros, et acabado este tempo que dito he da dita renda que as [...] rendas et dereyturas delles fiquen livres et desenbargadas a nos, los ditos dayan et cabidoo, con todas las proes et boos paramentos que en elles foren feytos. Et eu, o dito arçidiago, que estou presente, asy reçebo de vos, o dito dayan, et cabidoo a dita renda, et obligo meus bees, eclesiasticos et seglares, de vos dar et pagar, de cada anno, os ditos viinte mill cruçados enna maneyra que dita he, et para o assy comprir et pagar dou-vos por fiadores a don Gonçalvo Eanes, chantres de Lugo, et a Arias Peres, et a Fernan Peres, coengos dessa iglesia, que estan presentes et outorgantes.

Et que esto seia çerto nos as ditas partes mandamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor.

Feytas en Lugo era et dias sobreditos. Testemoyas que foron presentes: o dayan, don Roy Ferrnandes; et don Gonçalvo Eanes, chantre; et don Pedro Arias de Parrega, arçidiago de Neyra; don Lopo Eanes, arçidiago de Sarrea; et don Pedro Arias, arçidiago de Triacastella; don Roy Gonçalves, mestrescolla; don Alvar Dias, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, Arias Ferrnandes, coengos; Affonso Ferrnandes, et Alvar Ferrnandes, et Iohan Garçia, notario, et Pedro Affonso de Sande.

Eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo obispo desse lugar, a esto que dito he presente foy et a pitiçon das partes esta carta aqui en minna presença fis scripvir et aqui puge meu signal. Et non enpeesca a os viinte et seys regloes ut dis contracto. Outrosy enno primeyro reglon desta plana ut dis mill, ca eu notario o emendey.

Materias

adiantado; administración; aniversario; arcediago; arrendamento; auto xudicial; beneficio; bispo; cabaleiro; cabido; campá; canon foral; casas; catedral; chancelaría; chantre; cóengo; constitución; construción; contador; conto; coro; coroado; cruzado; despenseiro; dignidades; distribución; doazón; embargo; escritura; familia; festa; fiador; fillo; gando; horas; incendio; labores; licenza; medidas; mesa capitular; mestrescola; notaría; notario; padroádego; pai; palla; poder; pousadas; prebenda; prestimonio; prezo; procuración; procurador; racioneiro; real; recadador; rei; rei; rendeiro; revogación; soar; tellado; tenza; tesoureiro; testamento; tributos; viaxe; violencia; visitador; xantar; xurisdición; deán

Persoas

Afonso Fernández; Afonso XI, rei de León e Castela; Álvaro Díaz, xuíz de Lugo; Álvaro Fernández; Ares Fernández, cóengo de Lugo; Ares Pérez, cóengo de Lugo; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Eanes, chantre de Lugo; Gonzalo Pérez, notario; Henrique II, rei de Castela; Lopo Eanes, arcediago de Sarria; Pedro Afonso de Sande; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro Ares, arcediago de Triacastela; Roi Fernández, deán de Lugo; Roi González, mestrescola de Lugo; Tomé González, cóengo de Lugo; Xoán García, notario; Roi Afonso, arcediago de Deza

Outros

Castela, reino; Lugo, cabido

Lugares

Deza, arcediagado; Lugo; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Sande; Sarria; Triacastela