GMH/ÍNDICE A-Z

936
1416, novembro, 26. Lugo

Acta notarial dando fe da presentación e lectura dun documento ante o Cabido de Lugo polo prior do mosteiro de San Domingos nesta cidade. (Inclúe documento expedido en Lugo: 1379-VII-1, CD nº 797).

MADRID, AHN, Carp. 1335/14, perg. orix., galego, cortesá, 420 x 375 mm.
       

[Ano de] noso senor Jhesu Christo de mill et catroçentos et des et seis anos, [vinte] et seys dias do mes de novenbre. Estando en a çiudade de Lugo dentro en o coro da iglesia cathedral [en o coro] [...] Lugo, seendo y enton don Johan Martines, dean de Lugo, et Afonso Lopes, chantre, et os outros archidiagos et personas coengos et benefiçiados da dita iglesia en seu cabildo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que han de uso et de custume, en presençia de nos Pedro Fernandes de Silvarey, et Fernan das Cortinas, notarios publicos da dita çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, et das testemoyas iuso scriptas, paresçeron y enton frey Alvaro da Somoça, prior do Moesteiro de San Domingo de Lugo, et frey Lope Rodrigues d’Aguyar, [doctor], frayre do dito Moesteyro, et presentaron et feseron logo leer a o dito dean, chantre, personas coengos et benefiçiados da dita iglesia, que presentes eran en o dito cabidoo, hun contracto feito et signado de signal de Gonçalvo Peres, notario de Lugo, que era escripto en pergameno de coyro, segun por el paresçia do qual dito contracto o thenor de vervo a vervo he este que se sigue:

segue a continuación o documento do 1379-VII-1, Lugo (CD nº 797).

et liudo et presentado o dito contracto logo enton nos, os ditos notarios, achamos et leemos outra tal contracto como este de suso contiudo que iasia escripto en o libro dos aniversarios da dita iglesia de Lugo signado do signal do dito Gonçalvo Peres, notario, o qual conçertava en todo con o sobredicto contracto presentado por los ditos prior et frey Lope Rodrigues de suso escripto et contiudo, et enton o dito prior et frey Lope Rodrigues diseron a nos, ditos notarios, que lles desemos testimonio signado para guarda do dereito do dicto Moesteiro de San Domingo et seu en seu nome de como o dicto contracto iasia scripto de vervo a vervo conçertado con o seu dentro en o libro et tonbo dos beens et aniversarios do dicto cabidoo signado do signal do dicto Gonçalvo Peres, notario. Et nos de noso ofiçio demoslles ende este publico instrumento.

Testemoyas: os ditos Juan Martines, dayan de Lugo et vigario; et don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, archidiacono de Neyra; don Lope Dias, maestrescola; Lopo Afonso, juys; Lopo Fernandes, Afonso Teyxeyro, Fernando Peres, Juan Lopes, Nuno Gomes, Afonso Martines, coengos; Afonso Rodrigues, Fernando Fernandes, raçioneros da dicta iglesia; Afonso de Montenegro, notario; Mestre Juan, porteyro do cabidoo, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredicto he con as ditas testemoyas et con o dicto Fernando das Cortinas, notario, presente fuy et achey et lii outro tal contratuto como este de suso contiudo en o livro dos aniversarios da dicta iglesia de Lugo, que concertava con este contrauto de suso contiudo, o qual era signado do signal do dicto Gonçalvo Peres, notario, et por rogo dos dictos prior et frey Lopo Rodrigues por outro fis trasladar et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.

Et eu Fernando das Cortinas, notario publico da çiudade de Lugo por la auctoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo o que sobredicto he con as dictas testemoyas et con o dito Pedro Fernandes, notario, presente foy et vi leer et concertar outro tal contracto como este conteudo en o libro dos aniversarios da dicta iglesia de Lugo, que conçertava con este contracto de suso conteudo, et o qual era signado do signal do dicto Gonçalvo Peres, notario, et por rogo dos dictos prior et frey Lopo Rodrigues por outro fis trasladar et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.