GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

242
1340, xullo, 8
sentenza

Sentenza dos árbitros na contenda entre o cabido, dunha parte, e Xoán Aras, escudeiro do bispo don Vasco, e Domingo Sieiro, o seu adegueiro, da outra, sobre a pertenza ao cabido das sextas dos prezos das vendas.

ACOu, Escrituras XVII, 105

Sabeam quantos esta carta de sentença viren que commo en presença de min Fernan Gonçalvez notario publico da çidade d’Ourense jurado porla igleia desse lugar e das testimuyas adeante escriptas Ruy Peres e Johan Gonçalvez coengos da ygleia d’Ourense, juyses arvidros que se disian ontre o Cabidoo da dita igleia da huna parte et Johan Aras escudeyro do bispo dom Vaasco e Domingo Sieyro seu adegueyro do dito bispo da outra parte enno pleito que avian sobrelas vendas que os ditos Johan Aras e Domingo Peres dito Sieyro disian que avian daver das sestas, os ditos Johan Aras e Domingo Peres por sy da huna parte et Loppo Sanches avogado por nomme do dito cabidoo cuio procurador he da outra parte. Et enton os ditos juyses disseron aas ditas partes se pedian sentença ou se renunçiavan aas ferias. Et as ditas partes disseron que renunçiavan aas ferias e que pedian sentença. Et logo os ditos homes boons juyses deron esta sentença en escripto que se adeante segue: Et nos Ruy Peres e Johan Gonçalves coengos d’Ourense, juyses sobre ditos enno pleito que era ontre o dito cabidoo d’Ourense da huna parte e Johan Aras e Domingo Sieyro da outra sobre rasom das ditas vendas que os ditos Johan Aras e Domingo Sieyro dizian que avyan daver por rason das ditas sestas que elles teem arrendadas do dito cabidoo, por que disian que enno seu contrauto que elles avyan con o cabidoo era contiudo que o dito cabidoo lles arrendara as ditas quintas con todas suas perteenças e dereituras. Et por esta rason disian poys que as ditas vendas perteençian aas ditas sestas que as devian daver. Et o dito cabidoo disseron que nunca fora husado nen acustumado que os que arrendavan as sestas que levassen as ditas vendas, pero que en todoslos contrautos das rendas que elles fazian das ditas sestas a outras pessoas era contiuda esta meesma clausula que se contina enno dito contrauto dos ditos Johan Aras e Domingo Sieyro. Conven a saber que lles arrendavan con todas suas dereituras e perteenças. Et nos Ruy Peres e Johan Gonçalves sobreditos, oydas as razoens danbas as partes, por que achamos que os ditos Johan Aras e Domingo Sieyro nen aqueles que teveron as ditas sestas, ante que elles nunca levaron nen esteveron nen estam en posisson de levar as ditas vendas. Et outrossi por que achamos ennos outros contrautos das rendas das ditas sestas semellaviles deste que o dito cabidoo arrendou e arenda a outras pessoas, en que se conten aquela meesma claussula que se conten enno dito contrauto dos ditos Johan Aras e Domingo Sieyro, conven a saber que llas arrendan con todas suas perteenças e dereituras, enpero nunca levaron nen levan nen demandan as ditas vendas. Et por que achamos outrossy en verdade que o dito cabidoo levou e leva e está en posisson paçiffica de levar as ditas vendas sen enbargo dos rendeyros das ditas sestas. Et outrossy por que achamos que enno dito contrauto da sua renda non se conten expressamente que o dito cabidoo lles arrendasse as ditas sestas. Por ende nos juyses sobreditos, sabuda a verdade sobreste feyto por hu a mellor e mays conpridamente podemos saber, avudo consello con homes boons leterados, seendo en lugar de julgar, as partes presentes pedindo sentença, pronunçiamos julgando por sentença definitive que os ditos Johan Aras e Domingo Sieyro non aian nen demanden nen leven as ditas vendas nennas enbarguen ao dito cabidoo quanto he por vertude nen por força do dito contrauto. Et mandamos por sentença que o dito cabidoo que as aia e leve sigundo que está en paçiffica posisson de as levar, salvo se os ditos Johan Aras e Domingo Sieyro mostraren outra razon dereita por que os deven aver. Dada foy esta sentença en Ourense, oyto dias de julio, era de mill e trezentos e seteenta e oyto annos. Testemoyas que foron presentes Estevoon Esteveez coengo da dita igleia, Gonçalvo Martines dito Rella dobreyro da dita igleia, Affonsso Peres notario, Garçia Peres ome do bispo don Vaasco, Fernan Eanes e Pero Eanes clerigos do coro e outros.

Et eu Fernan Gonçalvez notario sobre dito que a esto presente fuy e en myna presença o fiz escrivyr e meu synal y puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)

Tacxada en IIII mrs.

[reverso] Sentença que foy dada entre Domingo Sieyro e Johan Aras e o cabidoo por razom das vendas das sestas.