1378, maio, 8. Lugo
Cláusulas testamentarias de don Álvaro Rodríguez, arcediago de Dozón,
polas que lle manda á igrexa de Lugo, para aniversarios e
procesións,
dúas casas na cidade, tres cuartos da cortiña dos Guimareus e outras
cantidades en metálico.
Era
de mill et quatroçentos et des et seys annos, oyto dias de mayo.
En
presença de min Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo
bispo dese lugar, et das testemoyas subscriptas, o dayam et cabidoo
da iglesia de Lugo pidiron a min notario que lles [fesese] o traslado
de hunas claussolas do testamento de don Alvar Rodrigues, arçidiago
de Deçon, que foy, [as quaes son estas]: “item mandou o dito
arçidiago en seu testamento que o primeyro sabado depoys de oytavas
de Pascoa que lle fecesen huna proçisson de cada anno, segundo que a
el comesçaria a faser ata aqui, et que desen por ella de cada anno
viinte moravedis. Fernando Peres, notario. Item mandou faser outra
proçisson de cada anno por Sant Maçia et que dessen para ella
quinse moravedis. Item mandou a os anivesarios desta iglesia por la
sua alma a sua casa, que esta enna rua de Vermun Sanches, tirado ende
o quinon que em ella han os andadores, et que lle fesesen por ella
hun aniverssario. Item mandou que lle fezessen as ditas proçisoes
por la sua cassa que esta ante a Carneçaria en que enton morava
Fernando de V[...] Fernando Peres, notario. Item mandou por los tres
quartos da cortinna dos Guimareus, et por la cassa lousada que y esta
[...] sanchristan da iglesia de Lugo dissesen cada anno en quareesma
seys missas, as duas da triidade, et as outras duas de Santa Maria,
et as duas de requiem por sua alma et de Arias Peres da Cruz, seu
tio, et d’aquelles a que he teudo, et que desen para cada misa dous
[maravedis]”.
As
quaes clausulas eu o dito Gonçalvo Peres, notario, tirey do dito
testamento a pitiçon do dayan et cabidoo de Lugo, segundo que en el
iasian por testemoyas Lopo Peres, porteyro do cabidoo, Fernando
Afonso et Gonçalvo, scriipvaes, ts.
Et
eu Gonçalvo Peres, notario sobredito, a esto foy presente et puge y
meu signal.