GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

27
1433, maio, 11

Pero Cruu o Vello, xurado de Pontevedra, recoñece que recibiu de Lopes Dias de Zamora, fiel dos dezmos da parte do Rei, a cantidade de 2.020 maravedis para Fernan Sanches de Burgos, coengo tenente da tenencia das candeas de Santiago, do que é procurador.

(f. 12 v-13)

Este dia. Sabean todos, que eu, Pero Cruu o bello, jurado da villa de Pontevedra que soo presente en nome de Fernan Sanches de Burgos, coengo de Santiago et teençeiro da teença das candeas que arden de cada dia ante o Apostolo Santiago, do qual dito Fernan Sanches eu, o Dito Pero Cruu ey poder por hũa curaçon feita et signada por ante este notario ajuso escripto, outorgo et conosco que resceby de vos Lopes Dias de Çamora, fiel dos disimos da parte de noso señor el rey deste año primeiro pasado, dous mill et vinte maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos dous mill et viinte maravedis da dita moeda eu o dito Pero Cru asi resçebi de vos Lopo Dias por dito Fernan Sanches et para el en presença deste notario et testemoyas et para en pago dos maravedis que o dito Fernan Sanches ha ẽnos ditos disimos da parte do dito señor rey por rason da dita teença et son do dito año primeiro pasado de mill et quatroçentos et et trinta et dous años. Et os quaes ditos dous mill et viinte maravedis eu o dito Pero Cruu asi enbiey ao dito Fernan Sanches por Alvaro Nabeiro, meu criado, et de Afonso, seu criado et de que me outorgo etc, et renunçio etc, outorgo que o dito Fernan Sanches resçiva en conta os ditos dous mill et viinte maravedis a vos Lopes Dias dos maravedis que asi ha de aver da dita teença do dito año // pasado. Et en seu nome del dou por quito a vos et a vosos bees para todo senpre. Et eu o dito Lope Dias asi o resçebo. Testemoyas, Estevõo Cruu, jurado, Pero Cruu o moço, et Fernan Lourenço, pedreiro.