GMH/ÍNDICE A-Z

437
1434setembro, 29
O bispo don Diego outorga poder ao arcediago Pedro Sánchez de Baeza para determinar un preito que afecta ao mosteiro de Xunqueira de Ambía. (fol. 132v)

   
En este día o señor don Diego obispo d’Ourense, estando ennos seus paaços da dita çidade, deu poder conprido e cometeu o negoçios que eran ontre o prior do mosteiro de Santa Maria de Junqueira d’Anbya et ontre Rodrigo Gonçalves e seu yrmaao e os canonigos do dito mosteiro e ontre o (- - -) a Pero Sanches de Baeça arçediano para que livrase e determinase ontre elles quaes quer pleytos e debates çeviis et criminaees e por sentença etç., para o qual lle dava poder de comiso abastante etç. Tests. Rodrigo Afonso notario e Meen de Seabra et Joan de Vobeda.