GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D212
1459, maio, 26
O mercador ourensán Xoán Afonso de Tenoiro, en nome de Inés Rapela, freira de Santa Clara de Allariz, outorga carta de pago por importe de 100 mrs. e tres puzais de viño que Afonso Iáñez e a súa muller Costanza Paz debían de foros atrasados dunha viña sita en Afonsillón. (fol. 64)

Carta de pago de Costança Paas.

A viinte e seys dias de mayo en Ourense, Joan Afonso de Tenoyro, mercador vesiño d’Ourense, como procurador de Eynes Rapela, frayra do mosteiro de Santa Clara da vyla de Allaris, de çen mrs. vellos branca en tres dños. (dos foros da vina)* para en pago do foro da viña de Afonsillon que Afonso Anes dela tyna aforada dos annos pasados et sua moller Costança Paas, et mays de tres puçaas de viño do foro da dita viña do anno pasado de LVIII annos, de que se deu por pago da dita Costança Paas e Afonso Anes dos ditos çen mrs. et tres puçaas de viño. Tests. Pero de Miranda alcallde, Rodrigo de Baçeiredo, Nuno d’Ousende, Gonçalvo de Reqeixo, Garçia Paas.