GMH/ÍNDICE A-Z

37

s/d

O mesmo día e hora, na aldea de Cudeiro, dous homes bos emiten sentencia na diferencia entre Diego Fernández de Cudeiro e Costanza da Capela sobre o cultivo de certos bens, impulsando a corta de castiñeiros para plantar vide. (fol. 11)


En este dito día e ora e por estas testemunyas, enna dita aldea de Codeiro, Lourenço de Requeixo e Alvaro Vidal, omees boos ontre Diego Fernandes de Codeiro et Costança da Capela sobre rason dos beens e herdades que a dita Costança da Capela ten da igleia de San Pero de Codeiro, diseron que elles, avindo e conpoendo e porlo poderio a elles dado, que o julgavan e mandavan en esta maneira, que mandavan que a dita Costança da Capela que chantase de viña os tres tarreos do Val dos Goços que estavan por chantar et que os chanten os ditos tres tarreos en este dito anno et que para o outro o anno primeiro sigente que se poña ho outro tarreo enno sigente se for para poer et se corten os castineiros que estan enna dita erdade e non os poendo nen cortando os castineiros que façan das ditas herdades foro de quarta ennos en quanto os non poser e que seja tiuunda de as lavrar e parar ben et por las maas paranças mandamos que page ao dito Diego Fernandes duas quartas de viño ou dose mrs. a venda deste viño que ten encubado et non cortando os ditos castineiros que page en quanto os non cortar hun puçal de viño aa dita igleia etç. et por sua sentença arbitraria o mandavan asy et mandavan as ditas partes que o tevesen su a pena do conpromiso etç. Tests. os sobre ditos. ( fol. 11)