GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

740
1375, marzo, 12. Lugo
O bispo de Lugo rexeita os testemuños sobre os tributos, presentados polos veciños da Pobra de Adai, ao non considerar válidas as testemuñas.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 92v.

Era de mill et CCCC XIIIº annos, dose dias de março.

Seendo enno moesteyro de Santa Maria a Nova da çibdade de Lugo, ante don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus, obispo de Lugo, en presençia de min Iohan Arias, notario publico desse lugar por lo dito sennor obispo, et das testemoyas subscriptas, pareçeron Lopo Arias, alcalde, et Afonso Peliteyro, et Lopo Peres, et Fernando Rodao, et Afonso Eanes, moradores na Prova d’Adae, en nome de si et dous outros moradores no conçello da dita villa, et disseron a o dito sennor obispo que ben sabian en commo lle o dito sennor conde don Pedro encomendara que reçebesse testemoyo que lle o dito conçello et omes boos del presentarian en prova et rason que elles se offeresçeran ante o dito sennor a provar que os coutos do dito alfos d’Adae pagaran et devian pagar con o dito conçello os pedidos et reparamentos que enos moradores do dito lugar d’Adae foran et fossen deytados, et agora que elles tinan aqui ante o dito sennor obispo as testemoyas para o provar, et que lle pedian et frontavan que lles las reçebesse. Os quaes coutos disseron que se recontan en privillegios, que elles tinan dos reys que foron ata aqui, et non lles querendo o dito sennor obispo reçeber as ditas testemoyas que elles protestavan de o mostrar a o dito sennor conde, et desto pediron testemoyo.

Et o dito sennor obispo disso que se os ditos omes boos esta prova avian de faser sobre os coutos que estevessen en termino d’Adae, que fossen da iglesia de Lugo, que el era et avia de seer parte contra ellos por la dita iglesia, et por esta rason que non devia seer reçeptor da dita prova. Et os ditos omes boos disseron que esto non avian por [...] couto que fosse da dita iglesia. Et desto o dito sennor obispo pedio testemoyo, et disso que cras lles daria sua resposta.

Testemoyas: Lourenço [...] de Lamas, Iohan Lopes, et Rodrigo Eanes, notarios; Diego Garçia de Caldelas, Afonso Eanes, porteyro do bispo.

Eu Iohan Arias, notario publico sobredito, a esto fuy presente et este testemoyo escripvi et puge y meu signal en testemoyo de verdade. Iohan Arias notario.