GMH/ÍNDICE A-Z

929
1416, maio, 21. Lugo

O deán, como vigairo do bispo de Lugo, afóralles ó notario Pedro Afonso, á súa muller e a dúas voces os casais de Bascuas e de Sarria nas freguesías de Santa María de Bascuas e en Santalla de Mazoi, por renda anual de dúas cargas e media de pan.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/3, perg. orix., galego, cortesá, 234 x 205 mm.
       

Sabeam quantos esta carta de foro viren como eu Juan Martines, dean de Lugo, et vigario geeral en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto honrrado padre et senor don frey Juan Enrriques, mestre en Santa theolosia, por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por poderio speçial que ey et teno do dito senor Obispo para o a juso contiudo, veendo et entendendo que he prol et boo paramento do dito senor Obispo et de sua iglesia aforo a vos Pedro Afonso de Masoy, notario de Lugo, et a vosa muller, Maria Afonso, et a duas persoas a apus o postromeiro de vos, que seian nomeadas huna pus outra, et non seendo nomeadas que seian quen erdar os bees de vos o dito Pedro de Masoy, et as ditas persoas apus o postromeiro de vos anbos seian fillos ou fillas de vos anbos dous, et non nos avendo a a morte do postromeiro de cada huna de vos que seian quen erdar os bees de vos, o dito Pedro de Masoy, segundo dito he. Conven a saber que vos aforo o casal de Vascoas, que agora lavra Juan Fernandes de Vascoas et sua muller, o que he su signo de Santa Maria de Vascoas que he en o couto de Lugo en a terraria de Vascoas, et eso mesmo aforo o casal de Sarria, o qual dito casal suya lavrar Pedro Afonso de Sarrasen et sua muller, Tareisa Afonso, o qual dito casal ias en a terraria de Boveda, su signo de Santa Alla de Masoy; os quaes ditos casares vos afora con todas suas erdades, casas et arvores et formaes et montes et pastos et prados, entradas et seydas, a montes et a fontes por hu quer que vaan sub ditos signos et lles perteescan ou perteesçer deve en qualquer maneira, a tal pleito et condiçon, conven a saber, que vos et as ditas persoas depus vos, en que ficaren os ditos lugares et foro deles, seiades tiudos et obligados de teer en boo paramento as ditas casas et erdades, as casas feitas et cobertas, et as ditas erdades labradas et en boo paramento en maneira que se non pergan con mingoa de labor et de boos paramentos; et que diades por çenso et foro dos ditos lugares, conven a saber, do dito lugar de Vascoas huna carrega et medea de pan en cada hun ano, et do dito lugar de Sarrasen huna carrega de pan, o qual dito pan ha de seer limpo de poo et de palla posto en os ditos lugares en cada hun ano; et vos et as ditas vosas persoas depus vos que tiredes as erdades que iasen en monte onde tiraren os outros vosos visinos que seia sen maliçia; et a a morte et finamento de vos, os ditos Pedro de Masoy, et Maria Afonso, vosa muller, et das ditas persoas depus vos, que os ditos casares et casas et erdades et cousas a eles perteesçentes fiquen libres et quitas et desembargados a o senor Obispo de Lugo et a sua iglesia con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, o dito Pedro de Masoy, por min et por la dita mina muller et persoas asi reçebo o dito foro de vos, o dito dean et vicario sobredito, por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et meus bees et das ditas persoas para comprir et guardar en todo asi segundo dito he. Et eu, o dito dean et vigario sobredito, asi vos outorgo. [Et porque seia] verdade et non vena en dulta mandeyvos delo dar esta carta de foro firmada de meu nome et seellada do meu seello pendente.

Que foy feyta en a çiudad de Lugo, viinte et hun dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro d’Agiar; Diego de San Martino; Gonçalvo [...], clerigo do coro de Lugo, et Gonçalvo de Feente, clerigo, criados do dito dean, et outros.

Johanes, decanus, vicarius lucensis.