GMH/ÍNDICE A-Z

102

1418, novembro, 18.
O Concello ordena se pregoe que os que tiveran postos peñoramentos polos maravedís de renda e fallas, o rescaten no prazo de seis días, e de non facelo neste prazo venderíanse e rematarían ó mellor poxador.

Esta feira, des e oyto dias do mes de novenbro, os ditos alcalles et jurados, mandaron que Pero Leiteiro e Alvaro Gil, procuradores que foron do dito conçello e Gonçalvo de Millares, fesessen pregoar por las praças da dita çidade que tĩinan postas peñoras por los moravedis da renda et fallas que as quitasen a seis dias segintes et non as quitando que as vendessen e rematasen segundo custume da dita çidade e que volvese a venda e remataçon que delas fese feyta e seus donos non as podesen despoys demandar aos sobreditos. Testemoyas, os sobreditos.