GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

77
1309, maio, 20 martes
O Cabido confirma a repartición dunha casa na rúa Nova con Francisco Guillérmez.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/5, cart. part. por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 200x185 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo de Lugo outorgamos et avemos por firme a partiçon que fezemos con vosco Françisco Guillelmez, da casa de rua Nova que aviamos con vosco, que esta entrel-la veella que vay para a Tanaria da huna parte, et a outra vossa casa que esta cabo della da outra parte, su a capella de San Pedro, assy commo iaz marcada do marco que esta a a porta da rua cabo da huscheyra por llo outro marco que esta no meo da casa, et vay ferir a o outro marco que esta na cortina a par da parede desta casa. Et nos o cabidoo reçebemos a nossa meatade desta casa contra a veella con lla meatade da cortina que iaz tras esta casa, assy commo he marcada tras estes marcos sobreditos contra a veela sobredita, et vos Françisco Guillelmez reçebestes a vossa meatade desta casa a par da outra vosa casa sobredita que esta cabo della, assy como iaz marcada por llos marcos sobreditos, et destesnos por esta partiçon a nos o cabidoo sobredito esta meatade da cortina sobredita que vay conl-la nossa meatade da casa. Et nos o cabidoo et Françisco Guillelmez sobreditos assy o outorgamos et por que esto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Pedro Iacome, notario publico de Lugo, que fezesse ende fazer dous estrumentos partidos por A.B.C. a tal o hun commo o outro, et posesse en elles seu signal en testemoyo de verdade.

Os que presentes foron et testemoyas: o chantres don Aras Fernandez, don Maestre Affonso, arçidiago de Deçon, Iohan Bezerra, iuiz, don Pedro Diaz et Maestre Fernando et Nuno Martinez, coengos de Lugo; Andreu Perez et Domingo Perez, clerigos, ts., et outros moytos.

Feyto foy enno coro de Lugo, martes XX dias de mayo, era de mill et CCC et quaraenta et sete annos.

Et eu Pedro Iacome, notario sobredito, presente fuy et de commo por ante min passou fige ende escrivir duas cartas partidas por A.B.C. et puge en cada una delas meu signal en testemoyo de verdade.

SIGNO