GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

768
1377, maio, 26. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán García, físico e á súa muller e a unha voz unhas casas na rúa Nova por renda anual de 12 libras.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 97r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo estando juntados en cabidoo enno coro da dita iglesia por campaa tanjuda, segundo avemos de uso et de custume, aforamos a vos Johan Garçia, fisico, et a vosa muller, Moor Rodrigues, por en toda vosa vida et de huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear, aquelas casas dos aniversarios da dita iglesia que estan enna dita çibdade de Lugo enna rua Nova, a o portal de Sant Françisco, sub signo da da (sic) capela de Santiago, ennas quaes vos ora morades, por tal condiçon que vos que façades et reparedes ben as ditas casas et as tennades en boo paramento do que lles mester feser, et dedes, de cada hun anno, a o procurador dos aniversarios da dita iglesia dose livras, a viinte et sete dineyros minus terça de hun dineyro cada livra, desta moneda ussual, et as paguedes cada hun anno segundo he custume de pagaren os alugueyros das casas enna çibdade de Lugo, et a finamento da pustrimeyra pesoa, que o pustrimeyro de vos nomear, que fiquen as ditas cassas ben feytas et en boo paramento a os aniversarios da dita iglesia et a seu procurador.

Et eu, o dito Johan Garçia, por min et por la dita minna muller, Moor Rodrigues, et por la persoa que o pustrimeyro de nos nomear, asy reçebo o foro das ditas casas de vos, o dayan et cabidoo, et obligo meus bees et seus de dar a os ditos aniversarios, ou a seu procurador en seu nome, as ditas dose livras en cada hun anno, segundo dito he, et de teer as ditas casas en boo paramento, et a finamento da pessoa que o pustrimeyro de nos nomear de as leyxar a os ditos aniversarios, ou a seu procurador en seu nome, en boo paramento. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a Fernando Peres Moran, notario publico enna çibdade de Lugo, que fesese ende duas cartas en hun tenor para cada huna das partes a sua.

Feyta a carta en Lugo enno coro da dita iglesia, viinte et seys dias de mayo, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas: don Johan Afonso, dayan; et don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pero Aras, arçidiago de Triacastela; Thomas Gomes et Fernando Peres, coengos; et Afonso Ferrnandes, coengo; et Afonso Ferrnandes, sanchristan; et Afonso et Alvaro Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Fernando Peres Moreyra, notario publico ena çibdade de Lugo sobredito pella autoridade do sennor obispo dese lugar, a esto foy presente et a rogo et mandado dos sobreditos dayan et cabidoo et Iohan Garçia esta carta fige escripvir et pugy y meu signal en testemoyo de verdae.