GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

81
1311, maio, 19
venda

Pedro Martínez, dito Escudeiro, servente do bispo don Rodrigo «que foy», véndelle ao mestre Xoán de Solbeira unha casa na rúa do Pumar por 2500 mrs.



ACOu, Escrituras XII, 72

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 248-249)

Eno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Martines dito Escudeiro servente do bispo dom Rodrigo que foy, presente Tereyia Ares mia moller e outorgante, vendo a vos meestre Johan de Sorveyra coengo da igleia d’Ourense e a toda vossa voz, hunas cassas que eu aio en Ourense na rua do Pumar que a min o dito bispo mandou en seu testamento, as quaes foron de Orraca Perez de Graadeyra, commo van da rua do Pumar aa rua das Choussas, as quaes cassas estam entre o çeleyro do bispo que chaman de Sobrado da huna parte e as cassas que foron de Sancha Paez da outra. Vendo vos as ditas cassas con seus sobrados e con entradas e seydas e con todas suas dereituras e perteenças asy commo se veem duna rua e ende outra de huna parte e da outra, livres e quites de todo outro enbargo e de toda outra servedume, que vos e toda vossa voz aiades e pessuyades elas daqui endeante en jur de herdade para por senpre livremente fazerdes delas toda vossa voontade que quer que a vos aprouver guardado o dereito da igleia d’Ourense e os costumes da çidade. Ca outorgo (que) reçebi de vos o preço conpridamente por elas en diñeiros contados, o qual a min e a vos aprouvo, conven a saber dous mill e quiñentos mor. de diñeiros brancos da moeda del rey don Fernando, contado xvi par de diñeiros por tres mor. Et logo todo jur, voz, dereyto, senorio, possison, propiadade que eu ey e de dereyto devo a aver enas ditas cassas todo o tollo de min e de toda myna voz e por esta presente carta que vos ende mando fazer meto vos e toda vossa voz en corporal possisson delas, et prometo e outorgo anparar e deffender vos e toda vossa voz senpre a dereito con as ditas cassas por min e por todos meus beens guanados e por guanar, et quen quer da myña parte ou da estraya que contra esta vindiçon que eu faço veer ou enbargar aia a yra de deus e a myna maldiçon e quanto demandar outro tanto a vos ou a vosa voz con a do bispo et a voz del rey peyte por pena mill mor. da boa moeda anque en juyzo nen fora del fora oydo e a carta e vindiçon fique firme para senpre. Feyta a carta en Ourense, xix dias de mayo, era de mill ccc e quareenta e noue annos. Reynante en Leon e en Castella rey do Fernando, endeantado mayor en Galliza Afonso Suarez de Deça, vagante a igleia de Ourense por morte do bispo don Rodrigo. Tests. que a esto chamadas presentes foron Vivian Iohanis e Johan Domingues capelaens da çidade e Miguel Anes clerigo do coro, Lourenço Ares ome que foy do bispo don Pero Anes.

Et eu Domingo Fernandes publico notario por el rey en Ourense que a esto chamado e rogado presente foy e con myña mao o escrivi e meu signal y puge en test. de verdade.

(sinal)