GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1241
1477, xaneiro, 14. Lugo
Elvira Fernández véndelle a Xoán Fernández, clérigo do coro, media casa na rúa Nova por 7.000 pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/17 (bis 1), perg. orix., galego, cortesá, 285 x 195 mm.

Sabean todos quantos esta carta de vençon viren como eu Elvyra Nunes, muller que foy de Johan Ares, peliteyro, cuja alma Deus aja, que soo presente non costrengida per força nen yndusida per engano mays de mina propia et libre voontade et para ajuda de meu manteemento, por lo tenor da presente carta, como millor poso et con dereito devo, conosco et outorgo que firmemente vendo por jur de erdade para senpre jamays a vos Johan Fernandes, clerigo do coro da iglesia de Lugo et notario et clerigo da iglesia de San Viçenço de Pias, que estades presente, et a todas vosas voses erdeyros et subçesores para senpre jamays, conben a saber que vos vendo toda a mina meetade de casa de rua Nova con sua meetade da orta et poço et con todas suas entradas et seydas et jures et pertenenças et dereituras et agoas vertes et estantes do çeo et a terra, que me a min perteesçe et cabe da dita casa et orta et poço, a qual ten por limites et lindeyros da huna parte et ylarga esta outra casa que foy et ficou de Vaasco Lourenço, que Deus aja, et da outra parte et ylarga esta outra casa que eso meesmo foy et ficou do dito Vaasco Lourenço, et a qual dita casa con sua orta et poço he sita et locada sub o signo da Capella de Sant Marco da dita çibdade. Et reçebo de vos en preço por esta dita vençon, que vos asy faço de toda a dita meetade da dita casa et orta et poço, conben a saber septe mill pares de brancas desta moeda corrente, os quaes ditos septe mill pares de brancas eu, a dita Elvyra Nunes, logo de vos o dito Johan Fernandes, clerigo, oybe et reçebi en meu poder et maos en dineiros feytos et ouro et prata, que montaron os ditos septe mill pares de brancas, que do voso poder a o meu pasaron en presença do notario et testigos desta carta, et dos quaes me dou et outorgo por entrega et ben pagua por quanto mos destes et pagastes, et en rason da dita pagua renunçio as leys que çerca della fallan, et desde oje este dia da feyta desta carta endeante todo jur et posison et propiedade et dereito et vos et abçon que me perteesçe a a dita meetade da dita casa orta et poço todo o tiro, parto, quito et amobo de min et de toda mina vos et herdeyros, et o pono, çedo, demito et traspaso en vos o dito Johan Fernandes, clerigo, et en todas vosas voces et erdeyros para senpre jamays, et por la presente vos dou poder para que façades della et en ella d’oje endeante todo o que quiserdes et por ben teberdes sen enbargo algun de min, nen de toda mina vos et herdeyros, nen de outro nen de outros por min, nen en meu nome, nen por elles, sobre lo qual renunçio et parto de min et dos sobreditos todas las leyes et dereitos que en contrario se podesen alegar, et a min ou a os sobreditos aprobeytar, para contra esto yr ou pasar para que se non digan, nen aleguen, et caso que se tente faser que non valla a min nen a elles nen sejamos, nen algun de nos, oydos nen reçebidos en juyso nen fora del en tenpo algun, nen por algua maneyra que seja, et as leyes do engano et força et medo et temor et da innumerata pecunia et do aver non visto, contado, nen reçebido, et a ley do consulto Veliano et Valeriano que falla en fabor das mulleres, et a ley que dis que general renunçiaçion non valla; et obligo a min et a todos los outros meus bees, mobles et rayses, avidos et por aver, de vos faser senpre saa et de pas esta dita vençon a todo tenpo.

Et eu, o dito Johan Fernandes, que presente estou asy reçebo de vos, a dita Elvyra Nunes, esta dita vençon que me asy fasedes et outorgades. Et eu, a dita Elvyra Nunes, asy vos la faço et outorgo, et porque seja çerto outorgovos dello esta carta de vençon forte et firme, ou mays quantas conpliren a vista de leterados, por ante o notario et testigos de juso escriptos.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, quatorse dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et septe anos.

Testigos que foron presentes chamados et rogados: Rodrigo Ares, clerigo da iglesia d’Asperante; et Alvaro Gomes de Lea, Pedro de Queyçan, fillo de Ruy de Queyçan, et Roy da Veyga o pion, vesinos da dita çibdade de Lugo, et frey Johan, frayre do Moesteyro de Santo Domingo de Lugo, fillo da dita Elvyra Nunes.

Et eu Affonso Fernandes de Agrello, escrivano et notario publico de noso senor el Rey en a sua Corte et en todos los seus reynos et senorios et notario publico da dita çibdade et obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de vençon, segundo que por min pasou et foy outorgada por la dita Elvyra Nunes, a escrivi et a rogo et pedimento do dito Johan Fernandes, clerigo, por ende aqui en ella puje meu signo et nome en testimoyo de verdade (signo).