GMH/ÍNDICE A-Z

113

1419, marzo, 29  
Juan Pérez, alfaiate, recoñece ter recibido do Concello, 720 maravedís, que correspondían ó escudeiro Núñes González de Vilariño, do xantar do Rei, que tiña en mercede do Adiantado Maior de Galicia.

Viinte e nove dias do mes de março. Sabean quantos esta carta veren que eu Juan Peres, alfayate veziño e morador enna çidade de Santiago et procurador que soo de Nuno Gonçales de Vilariño, escudeiro do Deantado de Galiza, por carta de procuraçon signada de notario publico, da qual seu thenor he este que se sige:  Sabean quantos esta carta de poder viren como eu Nuno Gonçales de Vilariño, escudeiro de meu señor o Endeantado de Galiza Garçia Fernandes Xarmento, conosco e outorgo que dou todo meu poder conprido por esta carta a Juan Peres, alfayate, veziño e morador na çidade de Santiago para que por min e en meu nome posa pedir, demandar, reçeber e recabdar dos homes bõos e regedores da dita çidade de Santiago deste anno da feita desta carta, mill e duzentos pares de branquas que eu teño de merçed do dito señor Endeantado, que son do jantar de noso señor el rey e para que posa dar e outorgar dos ditos moravedis e de parte dellos carta ou cartas de pago e de seu quitamento e entrar sobrelo en juizo e en pleito se mester for e faser frontas e requirementos e protestações e todas las outras cousas e cada hũa delas que eu meesmo enna dita rason poderia faser, diser, alegar, trabtar, presentar seendo para o quel todo o que sobre dito he en aver por firme e por estavel todo quanto for feito por lo dito Juan Peres sobre la dita rason obligo para elo a todos meus bẽes avidos e por aver adonquer que os eu aja e aver deva asy moulles como reises e porque esto seja çerto e non venan en dulda outorgey 31 esta carta ante este notario e testemoyas de juso scriptos y por mays abstamento firmey aqui meu nome. Feita a carta en Cea, que he en terra de Volo da Senda, viinte e dous dias do  mes de março, anno do Naçemento de Nosso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e dez e nove annos. Testemoyas que a esto foron presentes, Gonçalvo Sanches de Vorrageiro e Roy de Sian e Juan Vaasques, dito Conque. E eu Afonso Garçia, notario por Garçia Fernandes Xarmento. Endeantado mayor en Galiza por noso señor rey en todas suas terras, coutos e vilas e lugares, jurdiçon e señorio de Galiza a esto que dito he con os ditos testemoyas presente foy e a pedymento do dito Nuno Gonçales esta carta escripvi e meu nome e signal aqui fiz en testemoyo de verdade que tal he.
E a qual dita carta vay firmada do nome do dito Nuno Gonçales, Afonso Garçia, notario, Nuno Gonçales e o dito Juan Peres, por vertude do dito //
(Fol. 57)
poder outorgo e conosco que reçeby de vos Garçia Rodriges, canbeador, que presente sodes e de Juan Dominges de Liñares que he absente, procuradores que sodes do Conçello da  çidade de Santiago seteçentos e viinte moravedis de moeda vella que montan mill e duzentos pares de branquas, os quaes vos o dito Garçia Rodriges e o dito Juan Dominges cada hũu enna meatade me pagastes en nome do dito Conçello e regidores del e eu de vos reçeby en nome do dito Nuno Gonçales en dineiro contados, os quaes vieron a meu jur e poder e renunçio a toda eixeçon que non diga delo o contrario e a ley do aver non dado nen contado, visto nen reçebydo nen pagado en presença do notario e testemoyas e outra qualquer ley e exeiçon que eu ou o dito Nuno Gonçales en contrario desto que dito he poderiamos diser ou alegar que o non agamos nen alegamos e os quaes moravedis son do jantar de noso señor el rey que o dito Endeantado ten del en merçede e o dito Nuno Gonçales ten do dito Endeantado e son deste anno de feyta desta carta que se començou o primeiro dia deste dito mes de março e en nome do dito Nuno Gonçales e por vertude do dito poder dou por quito e livre ao dito conçello e a vos os ditos procuradores en nome del dos sobreditos moravedis e obligo os bẽes do dito Nuno Gonçales, segundo que son obligados por lo dito poder para aver por firme e estavel esta sobredita carta de pago e todo o contiudo en ela e porque he çerto outorgey ende esta carta por ante o notario e testemoyas infra scriptos que foy feyta e outorgada enna dita çidade, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Nuno Vynagre e Vaasco de Piloño e Roy Lourenço, criado de Alvaro Gil e Gonçalvo de Millares, moradores enna dita çidade.
Conçejo e alcalles e onbres buenos de la çidade de Santiago. Yo el Endelantado de Galisia vos envio mucho saludar como a aquellos por quen queria que Dios diese mucha onrra e bonaventura. Bien sabedes como este anno de mill e quatroçentos e dies e sies annos me devedes e avedes a dar seisçentos moravedis de moeda veja, contando quatro branquas por maravedi de la jantar del rey, que montan en ellos mill e duzientos moravedis de moeda branqua, porque vos digo que recadedes e fagades recadar los dichos mill e duzientos moravedis de la dicha moeda branqua a Nuno Gonçales de Vilariño, mi escudero, por quanto los he de aver para en cuenta de su (...) que de mi tiene e recodilde con ellos este dicho anno e de aqui endelante en cada hun anno en quanto mi voluntad fuer e tomade del dito Nuno Gonçales su carta de pago e del que lo ouvier de recabdar por el que con ella e con esta mi carta o con su traslado della signado de scripvano publico en cada uno de los dichos annos vos seran reçebydos //
(Fol. 75 vº)
en cuenta los dichos mill e duzentos morabetinos que lle vos asy dierdes e mientre mi voluntade fuer e para la dicha rason le do mi poder conprido para que vos faga e pueda fazer todas las prendas e premeas e requirementos e todas las otras cosas que vos yo poderia faser presente siendo. Fecha miercoles primero dia de julio, anno de mill e quatroçentos e dies e seis annos. Garçia Xarmento.
Era scripto ennas espaldas da dita carta escriptura que se sege. Anno Domini Mº CCCCº deçimo septe, çinquo dias do mes de setenbre, reçeby eu Juan Peres alfayate os moravedis deste recudimento deste dito anno en nome do dito Nuno Gonçales, os quaes me pagaron Bernald Yanes e Gil Peres, procuradores do Conçello da dita çidade e porque he çerto rogey a Fernan Martines, notario del rey e escusador por Roy Martines, notario da dita çidade que firmase aqui de seu nome. Testemoyas: Rui Nunes e Fernan Rodriges e Juan Serpe e Juan de Vilaside, veziños da dita çidade. Fernan Yanes, notario e escusador.

31 Otorgey, corrixido –ey).