GMH/ÍNDICE A-Z

515
1348, xuño, 28. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Álvaro Fernández, clérigo do coro, e a unha voz unha casa próxima á rúa Nova, por 30 soldos anuais como renda mais a obriga de facela e cubrila.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 56r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, et o cabidoo desse lugar, con outorgamento de don Martin Peres, iuys, et de Iohan Ferrnandes, clerigo do coro, rendeyros dos aniversarios, et outrosi con outorgamento dos capellaes da dita iglesia, avervamos a vos Alvar Ferrnandes, clerigo do coro da dita iglesia, prelado de San Martino dos Condes, por en toda vossa vida et a huna pessoa qual vos nomeardes a vosso finamento semellavel de vos, huna cassa que he no carril cabo rua Nova, a qual cassa he as duas partes dela dos aniversarios et a terça dos capellaes, por tal condiçon que vos façades a dita cassa et que a cubrades et ha dedes feyta et acabada ata hun anno primeyro seguente; et que dedes dela por alugueyro triinta soldos, as duas partes a os aniversarios et a terça a os capellaes; et a pessoa que vos nomeardes que de cada XLª soldos enna maneyra que sobredita he en salvo, et que tenades a dita cassa ben reparada et en boo estado.

Et eu, o dito Alvar Ferrnandes, asy reçebo o vervo da dita cassa de vos, dayam et cabidoo, enna maneyra que sobredita he, et obrigo a min et a todos meus bees para faser et comprir esto que sobredito he. Et por que esto seya çerto nos las partes rogamos a Iacome Guillelmes, notario de Lugo, que feçese desto duas cartas.

Feytas enno coro da dita iglesia XXVIII dias andados de iunyo, era de mill et CCC LXX VI annos.

Testemoyas: Alvar Dias, arçidiago de Neyra; Arias Pelaes, arçidiago de Deçon [....] Fernando Afonso, Iohan Dias, Iohan Guterres, Iohan Ferrnandes, coengos; Diego Gomes, raçoeyro.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo, a esto presente foy et esta carta escripvi et puge y meu sinal.