GMH/ÍNDICE A-Z

774
1377, novembro, 10. Cortes
Dona Eldonza nomea sucesor nun foro que ten do Cabido a Roi González, escudeiro, veciño de Sarria.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 94r, incluída en: 1378-V-14, (CD n.º 781).

Sabeam quantos esta carta viren commo eu donna Eldonça, muller de Diego Sanches de Riba de Neyra que foy, outorgo et connosco por esta presente carta que a pus minna morte faço pesoa do foro et vervo, que eu tenno do cabidoo da iglesia da see de Lugo, do couto de Betote con todas suas dereyturas et pertenenças, commo o eu aio et tenno aforado da dita see et cabidoo da iglesia de Lugo et con aquellas condiçoes miismas, a Roy Gomes, escudeyro, morador en Sarrea, fillo de Roy Gomes da Riba de Neyra et de Tareyia Eanes de Sarrea, con tal condiçon que eu en toda minna vida non revoco o dito couto et sennorio del de min nen do iur del, nen me saco nen me ponno fora del, mays a persoa que aio a faser do dito couto, ou que o ha de aver por meu mandado depoys de minna morte, nomeo por a dita persoa o dito Roy Gomes, et prometo de nunca nomear, nen faser, nen diser, nen leyxar outra persoa do dito couto, en vida nen en morte, salvo o dito Roy Gomes. Et o dito Roy Gomes que faça a casa que eu y ey de faser enno dito foro con hun sobrado que eu y ey de faser, et todas las outras cousas conteudas enno dito foro. Et demays oge este dia leyxo et demito a a dita see et cabidoo as herdades de Santa Maria de Lama, que chaman de Marina Arias, que lle peegamos eu o dito Diego Sanches, meu marido, et as outras herdades de Abraga, et mando que as acaden et aian. Et demays rogo et peço a o dayam et persoas et coengos et raçoeyros da dita iglesia et cabidoo de Lugo que outorguen a o dito Roy Gomes et o aian por a pustrimeyra persoa do dito vervo depoys de minna morte con estas condiçoes sobreditas. Et porque esto he verdade et non vena en dulta roguey et mandey a Arias Fernandes, notario publico por noso sennor o conde don Pedro na Pobla de San Iullao, que fesese ende esta cata.

Que foy feyta ennas [Cortez], dez dias de novembre, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas foron presentes: Iohan Fernandes das Cortes; et Arias Gomes, et Gonçalvo Rodrigues de Boançe; Pedro Asedo de Villapedre, et outros.

E eu Aras Fernandes, notario sobredito, a todo esto que dito he foy presente et scrivi esta carta et fiz en ella meu nome et meu signal.