GMH/ÍNDICE A-Z

431
1384, xullo, 26
poder e avinza

Habendo desacordo ante a avinza subscrita co bispo Pascual García, o Concello obtén a ratificación dos veciños, que lle outorgan poder, e elíxense outros catro veciños para acudiren a confirmala.

A continuación o Concello e demais representantes preséntanlle os capítulos ao bispo, o cal lles responde un por un.

ACOu, Libro Grande, 21-23v e 7

Sabeam todos como en presença de Vasco Martinez notario publico da çidade d’Ourens porlo obispo e porla egleia dese lugar e das testimuynas adeante scriptas, seendo o conçello da dicta çibdade d’Oureens juntados per pregon enna costra de Sam Martino segundo que he de huso e de custume, presentes y Anton Fernandes juys d’Ourens e Afonso Ougea de Villamarin escudeyro e Gonçalo Perez de Noalla e Martin Anes de Gordon e Iohan Ares e Roy Lourenço e Afonso Gonçales Maldegolado regidores que han de veer fazenda do conçello da dicta çibdade por noso senor obispo e Gonçalo Anes mercador e Pero Paez e Garçia Perez da Fonteyna e Alvar Gonçales Pereyra e Fernan Perez das Tendas e outros moytos omes boons vizinos e moradores da dita çibdade. Et outrosy presente y Gonçalo Perez da Fonteyna notario d’Oureens. Entonçe o dicto Gonçalo Perez diso, afrontando aos dictos juyzes e rigidores e ommees boons dizendo que ben sabiam en commo era desconcordia e desaviinça entre ho onrrado padre e senor don Pascoal Garçia por la graça de deus e da sancta igleia de Roma obispo d’Ourens e o dicto conçello sobre çertas cousas que entre elles recreçeran e sobre Castelo Ramyro que o dicto senor obispo fazia por carta del rey. Et despoys da dita desconcordia e desaviinça, que tractaran con o dicto senor obispo boa aviinça e concordia segundo que se contiiña en certos capitulos que entre eles foram e estavan escriptos, e que despoys que alguus do dicto conçello non devidamente que enbargavan e enbargaran a dicta boa concordia e aviinça, do qual enbargamento podia viir deserviço del rey e do dicto senor obispo e mal e danno aa dicta çibdade e aos vezinos e moradores dela, e por quanto os dictos regedores tiiñan carrega de reger a dicta çibdade a serviçio del rey e do dicto senor obispo e a prol e onra da comunidade dela. Por ende que lles pedia e afrontava e requeria asi commo vezino e notario da dicta çibdade que vissen a dicta boa aviinça e concordia que estava tractada ontre o dicto senor obispo e o dicto conçello, e que se vissen que era serviço del rey e do dicto senor obispo e prol e onra da dicta çibdade e dos vezinos e moradores dela que lla fezessen e outorgasen e fezessen e tractasen sobre esto per aquella mellor maneira que entendesen que podese seer mays sen dano da huna parte e da outra, e se o asi fezessen que fariam bem e dereyto e o que devian fazer, senon que protestava por si e por todos aquelles que con el en esto quisessen seer, de querelar deles a noso senor el rey e a suas iustiças e du quer que seu dereyto fose, e que os dictos regedores e omes boons e todos seus beens fossen tiudos e obrigados a todo mal e dano que por esta razon veese e recreçese, e que os dictos senores rey e obispo se tornassen a elles por ello. Et desto en commo o dezia frontava e requeria que pidia ende a min dicto natario huun publico instromento ou mays quantos [fol. 21]

lle conprissen para guarda do seu dereyto.

E logo a esta ora o dicto Anton Fernandes juyz e Vasco Martinez e Domingo d’Ermide e Afonso Ligeyro e Martin de Gordon vizinos da dicta çibdade que estavan presentes diseron que esta meesma afronta e requiremento que fazia o dicto Gonçalo Perez, que essa meesma faziam elles por si e por aquelles que con eles en esto quisessem seer. Et logo os dictos regidores diseron que queriam logo sobre esto aver seu conssello e que darian logo a elo sua resposta. E despoys desto logo a pouca dora os dictos juyz e regidores e omes boons, avendo sobre esto vysto e avido seu consello, diseron que lles prazia de aver boa paz e boa concordia e boon amor con o dicto seu senor obispo, gardandolles el aquelas cousas que ontre elles estavan tractadas, pero que preguntavan a todos los vezinos e moradores da dicta çibdade que, se o dicto senor obispo lles quisese outorgar aquellas merçees e graças que lle aviam demandado, se queriam aver con o dicto seu senor obispo boa paz e boa concordia segundo fora tractada, e elles responderon todos que sy, pero que queriam que de ontre si fosem tomados quatro omes boons para que en huun con os dictos regidores tractassem e firmassem a dicta concordia. Et logo todos en huun acordo deputaron quatro omes boons dontre si, aos quaes deron logo seu livre e conprido poder, conven saber a Gonçalo Eanes das Tendas e a Garçia Perez da Fonteyna e Pero Paez e Garçia Fernandes da Praça, que fossen logo con o dicto juys e regidores a tractar e outorgar, prometer e firmar as dictas aviinças e concordia e capitulos que ontre o dicto senor obispo e elles foran tractados. Et outrosy todos en huun acordo deron poder aos dictos Afonso Ougea e Roy Lourenço que por si e polos outros todos tractassem con o dicto senor obispo as dictas aviinças e capitulos e pleytesias, e elas tractadas por los dictos Affonso Ougea e Roy Lourenço, que os outros regedores e ommees boons, he a saber os dictos Gonçalo Anes e Pero Paez e Garçia Perez e Garçia Fernandes, que o firmassem por stipulaçon solenpne e iuramentos e firmezas, aquellas que a elles ou aa mayor parte delles ben vistas fossem, para o qual lles deron livre e conprido poder, e para que ennas almas dos vezinos e moradores do dicto conçello podessen iurar as dictas cousas e todo aquello que porllos dictos Afonso Ougea e Roy Lourenço fosse tractado con o dicto senor obispo sobre esta razon outorgaron e prometeron de o aver por firme e por estavel para sempre todo quanto por los dictos juys, regedores e Gonçalo Anes e Pero Paez e Garçia Perez e Garçia Fernandez ou a mayor parte delles sobre esta razom fosse tractado, outorgado, firmado, iurado e prometudo, sub obligaçon de todos os beens do dicto conçello que para ello obligaron. E desto en commo pasou os dictos juyses, regedores e omes boons pidiron a min dicto Vaasco Martinez notario que lles desse ende testimunyo. Testimuyas Gonçalo Perez Sardina notario d’Ourens e Fernand Affonso da Torre e Migeel Perez e Iohan Gomez e Gonçalo Seixalvo carniçeiros e Garçia Yanes e Lourenço Perez aparelladores. [fol. 21v]

Despoys desto logo este dicto dia, quarta feyra, viinte e seis dias do mes de jullio do anno do naçemento do nosso senor Jhesu Cristo de mil e trezentos e oyteenta e quatro annos, em presença de nos Fernan Rodriguez notario publico del rey enna sua corte e en todos los seus regnos e de nos Gonçalo Perez da Fonteyna e Vasco Martinez notarios publicos d’Ourens polo bispo e pola egleia dese lugar e das testimuyas adeante escriptas, os dictos Affonso Ougea e Roy Lourenço por lo poder sobre dicto, avendo visto e tractado con o dicto senor obispo, estando y presentes os dictos regedores e Pero Paez e Garçia Perez e Garçia Fernandes ennos paaços do curral do dicto senor obispo que estan enna dicta çibdade enno seu vergeu dos dictos paaços, et avendo tractado sobre las cousas de juso scriptas, presentaron e fezeron leer por nos os dictos notarios, presente o dicto senor obispo e os dictos regidores e omes boons, huna escriptura em maneira de capitulos escripta en papel, da qual o tenor he este que se logo adeant segue. Et o dicto senor obispo respondendo a cada capitulo escrivío de sua propria maao en fin de cada huun destes capitulos a resposta que a cada huun delles dava enna maneira que se segue:

Senor estas son as cousas que o conçello desta vossa çidade d’Ourens vos pedem por merçee que llas outorguedes e peçades por merçee a nosso senor el rey que as confirme por vos e por vossos sucçessores.

Que vos nen vossos sucçessores que non enbarguedes as rendas del rey aos |‌‌aos‌| vezinos desta çibdade quando as quiseren arendar nen nos ameaçedes nen lles façades por elo maa obra. Respondeo o dicto senor obispo e disso que nunca o contrario fezera e que lle plazia.

Outrosi que non apremeedes os vezinos e moradores desta vossa çibdade que vos fien as dictas rendas del rey contra sua voontade. A esto respondeo o dicto senor obispo que nunca o contrario fezera e que lle prazia.

Outrosi que nos non ponades en esta çibdade meyrino nen algazil salvo os iuizes de seu foro, e a esto respondeo o dicto senor obispo que mandava que se guarde en este articulo o que se guardou e deveo guardar en tenpo dos obispos don Gonçalo e don Vaasco e don Alvaro e seus antecçessores.

Outrosi que os non ma[n]daredes prender a vizino nen a morador leygo desta çibdade nen levar a vosas priioens nen a vossas fortalezas e carçeres a outre salvo aos juyzes que vos poserdes en esta çibdade que prendam os omes leygos da sua iuridiçon e os lancen na cadea do conçello e que façan delles dereyto, e que os juizes e os andadores desta çibdade que guardem os presos e que non levem a carceragem dos vezinos desta çibdade. A esto respondeo o dicto senor obispo que lle plazia, salvo se os dictos juyzes fossem negligentes en fazer iustiça, [fol. 22]

eno qual caso diso que mandaria fazer a outros juyzes que el porria de seu foro, e tiraria os que negligentes fossem en fazer iustiça e dereyto, salvo outrosi caso de crimen lege magestatis.

Outrosi que os non desapoderedes das cadeas e priioens do conçello. Et a esto respondeu o dicto senor obispo que lle prazia.

Outrosi que o conçello que vos dé cada anno por primeyro dia de janeyro tres cobros de dous omes boons do conçello cada cobro, en escripto sub seu seello, e que vos que ponades destes dous omes por iuyzes quaes quiserdes por cada huun anno, e que estes façan iustiça por vos e que estes iuyzes que non seiam paniguados dos obispos nen das pesoas do cabidoo nen regedroes. A esto respondeu o dicto senor obispo e diso que lle prazia.

Outrosi en razon das penas da camara del rey que as demandedes e facades demandar por ante os iuizes desta cidade se porla ventura as quiserdes demandar, e que seiam oidos sobre elo e vençidos segundo que se conten enno ordenamento de noso senor el rey. A esto respondeu o dicto senor obispo e disso que lle plazia.

Outrosi non ponades nen mandedes fazer ao dicto conçello alguas cousas que nunca ouveron de fazer de huso nen de custume nen son teudos de fazer de dereyto nen lles ponades sobre elo pena alguna nen lla levedes. A esto respondeu o dicto senor obispo et diso que este caso que guardaria seus boons usos e boos custumes que deva de dereito guardar.

Outrosi que non mandedes dar pousadas en casa dos vezinos e moradores do conçello aos vosos escudeiros e paniguados e ofiçiaes, salvo se vos veerdes de Castella para estar enna dicta vossa çibdade de morada ou se vos novamente alguun omme que tam agina non posades apousentar, enno qual caso por huun mes solamente mandaredes dar pousadas a vosso pousador con huun dos iuyzes do conçello, et dende adeante mandasedes lles catar suas pusadas aa sua custa ou aa vosa, nen lles mandedes nen consintades tomar os panos e suas bestias contra suas voentades, salvo en vosa neçesidade se ouverdes mester as bestias. A esto diso o dicto senor obispo que lle plazia.

Outrosi non ponades juyzes clerigos que ouçan e livrem os pleitos con os juyzes leygos, salvo vosos vigarios que livren os pleitos ecclesiasticos que se an de livrar de dereito e sempre foy acustumado. A esto respondeu o dicto senor obispo que se guarde o que guardou en tenpo dos obispos don Vaasco, don Alvaro e don Gonçalo e seus anteçessores e se deve guardar de dereito.

Outrosi desque os ofiçiaes foren por vos postos enna dicta çibdade que os non tiredes salvo por seus mereçementos se os elles fezeren. A esto respondeu o dicto senor obispo que lle plazia.

Outrosi que non defenderedes aos notarios que non den testimuyo tam ben contra vos commo contra outros das cousas que por elles passaren con vosa resposta ou de aquelles contra quen ho ouveren de dar. A esto respondeu o dicto senor obispo que [fol. 22v]

numca llo defendera nen no querria deus, mays ante lles manda que o dem.

Outrosi que non enbarguedes ao conçello os seus offiçios e dereytos e suas cousas de que estam en huso de fazer e de levar. A esto respondeu o dicto senor obispo que non lles enbargara o que he seu delles de dereito.

Outrosi non nos pasaredes nen yredes contra nosos aforamentos que teemos aforados de vos e dos outros obispos que foron vosos anteccesores e por seus vigarios e vosos. A esto respondeu o dicto senor obispo que os aforamentos feytos por el ou por los obispos seus antecçesores que queria guardarlos, pero que os que fezeron seus vigarios ou procuradors ou os vigarios ou procuradores dos obispos seus antecçesores que o poina en maao de dous omes boos que el daria e outros dous quaes dese o dicto conçello, e estes que o livren segundo dereyto e segundo sua ben vista, pero que seia guardada huna sentença que foy dada ontre o bispo don Afonso e o conçello.

Outrosi senor seia vosa merçee que en razon das maas paranças se alguus non lavram commo deveram, que non queirades yr pus elo nen lles lo demandar. A esto respondeu o dicto senor obispo que o livren os dictos omes boos segundo ben visto lles seerá.

Outrosi os sacrilegios que seia vosa merçee se algun en elles caeu ata aqui de nos los quitardes, e de aqui endeante se algun y caer que llelos mandedes demandar perant vosos vigarios. A esto respondeu o dicto senor obispo que lle prazia.

Outrosi que nos non demandedes as custas do castelo que en el fezestes e fezerdes outorgando el rey que o façades. A esto respondeu que se el rey mandase fazer o dicto castello que lle plazia.

Outrosi senor que non mandedes penorar aos ommees e bestias que vam desta çibdade por lena, tragendoa elles sen amo e non cortando arvores que levem froyto. A esto respondeu o dicto senor obispo que lle plazia de graça.

Outrosi senor que seia vosa merçee de perdoardes de boo curaçon todo odio e mal querença e sana que avedes ata aqui, asi en speçial commo en geeral, de todos os vizinos e moradores desta çibdade. E a esto respondeu o dicto senor obispo que lle prazia. E diso que todalas cousas outorgava por fazer bem e merçee ao concello da dicta çibdade, salvo en todo e por todo o senorio, mero e mixto imperio e iuridisçion que el e a dicta sua egleia d’Ourens an enna dicta çibdade d’Ourens.

A qual escriptura presentada e liuda, o dicto senor obispo por si e por todos seus suçesores e os dictos juiz e outrosi Bernal Guitar dela Guerra juyz da dicta çibdade que y present estava e os dictos regedores e omes boos por si e en nomme do dicto conçello da dicta çibdade diseron que outorgava e outorgaron en todo e por todo a dicta escriptura e capitulos e que consentiam en ella segundo que en ela era escripto e contiudo, e por ende que poys o dicto senor obispo esta merçees lles avia feito, que por si e en nome do dicto conçello diziam que lles prazia e [fol. 23]

consentiam que o dicto senor obispo fezese seu castello, para o qual elles por si nen por outro publica nen ascondudamente non lle darian estorvo alguun, e por que a dicta escriptura e capitulos fossem mays firmes que tam bem o dicto senor obispo commo o dicto conçello que enviarian logo seus procuradores con suas cartas ao dicto senor rey para que llo outorgasse e confirmasse segundo que se en el contiiña.

Et logo esta ora os dictos juyzes, regedores e ommees boons fezeron juramento aos sanctos evangeos que corporalmente tanjeron con suas maao, e pelo dicto juramento prometeron e outorgarom de conprir e aguardar ao dicto senor obispo en todo e por todo todos seus privilegios e sentenças e liberdades e os husos e custumes que el e a dicta sua egleia an, e omen[a]gees que aviam feytas a el e aos outros obispos seus anteçessores, e de lles obedeeçer a el e a seus suçesores en todo e por todo commo a seus senores naturaes enno senorio e iuridiçon da dicta çibdade segundo mellor e mays conpridamente obedeesçeron aos outros obispos seus antecçessores que a iudidisçon da dicta çibdade d’Ourens toveron, e que nunca yrám nen pasarán contra elo nen contra parte delo en alguun tenpo por alguna razon.

Outrosi renonçiaron a huna apelaçon e escriptura que aviam feyta do dicto senor obispo este dicto mes de jullio da era sobre dicta entrelo coro e o altar da eygleia cathedral de Sam Martino segundo que a dicta apalaçon pasara e fora publicada e estava escripta por Martin Gonçalez e Afonso Guiça notarios d’Ourense e deronna por nihuna.

Outrosi iuraron que en caso que os dictos seus procuradores tragam cartas del rey en que mande que se non faça o dicto castelo que non husarám delas nen procurarám outras nen nas enviaran gaanar, mays que aiudarán ao dicto senor obispo con cartas e en todas las outras maneiras que poderen por que o dicto castello se faça, pero que non an de aiudar aa custa do dicto castello con dineyros nen con outra serventaría.

Outrosi o dicto senor obispo deu por nenhuun o enprazamento que este outro dia fez en este dicto mes aos dictos juyzes regidores do dicto conçello en razon da custa do dicto castello, segundo que o dicto enprazamento foy feyto por min dicto Fernan Rodriguez notario.

Et outrosi deu por non liida huna carta que contra o dicto conçello fez leer por min dicto Fernan Rodrigez notario, en que lles mandara que mostrasem as cartas dos aforamentos, pero que diso que daria suas cartas contra os do dicto conçello por que lles mandaria que mostrasem en todo o mes dagosto as dictas cartas dos dictos afforamentos aos ommees boons aviidores sobre dictos que fosen tomados entre elles e que elles fosen tiudos a llas mostrar en todo o dicto mes, e elles asi o consintiron.

Et logo o dicto senor obispo por si e por seus suçesores fez juramento, poendo a maao enos seus peytos sagrados teendo os sanctos evangeos deante, de gardar ao dicto conçello seus boos usos e custumes, segundo o jurou outra vez quando reçebeu a omenagen do dicto conçello. [fol. 23v]

Outrosi os dictos juyzes, regedores e omes boons diseron que perdoavan e perdoaron logo ao dicto senor obispo todos agravios, males e noios e sen razoens e querelas, se as elles ata aqui an do dicto senor obispo e de todos los seus ommees e famyliares e paniguados.

Et outrosi o dicto senor obispo asi perdoou ao dicto conçello e vizinos e moradores del segundo que he escripto enno capitulo de suso contiudo que fala desta razom.

Et desto en commo pasou o dicto senor obispo por si e porla dicta sua egleia, et os dictos juyzes, regedores e ommees boos por si e en nome do dicto conçello pidiron a nos dictos notarios senllos publicos instromentos ou mays os que lle conprisem para garda de seu dereito. Testigos que a esto todo foron presentes Afonso Vaasquez de Vaamonde cavaleyro, don Vasco Perez meestrescola e don Ferrant Perez abbade da Triindade na egleia d’Ourens e Gonçalo Martinez de Montalegre e Iohan de Requeixo e Afonso Carvon moradores en Oureens e outros. [fol. 7]

Materias

abade; alguacil; altar; andador; aparellador; apelación; arbitraxe; árbore; arrendamento; audiencia diocesana; avinza; besta; bispado; bispo; cabaleiro; cabido; cámara; canon foral; capítulo; cárcere; carniceiro; catedral; claustro; cobrados; concello; confirmación; construción; coro; Curral do Bispo; dereito; embargo; emprazamento; escritura; escudeiro; estatuto; evanxeos; excomuñón; familiar; fianza; fidalgo; fisco; fortaleza; homes bos; labores; lei; leña; meiriño; mercador; mercé; mesa bispal; mestrescola; mosteiro; nomeamento; panos; papel; pazo; pedidos; pedimento; pena; perdón; poder; pousadas; preito; preito homenaxe; prenda; preso; prisión; procuración; procurador; protesta; provisor; publicación; rei; renuncia; requirimento; rexedor; selo; señor; sentenza; servizos; traslado; tributos; viaxe; vigairo; violencia; xardín; xuíz; xuramento; xurisdición; xustiza; notario

Persoas

Afonso Carbón, mercador; Afonso Eáns Guiza, notario; Afonso González Maldegolado, rexedor de Ourense; Afonso Lixeiro; Afonso Ouxea de Vilamarín, escudeiro; Afonso Vázquez de Baamonde, cabaleiro; Afonso X, rei de León e Castela; Álvaro González Pereira, rexedor de Ourense; Álvaro Pérez de Biedma, bispo de Ourense; Antón Fernández dos Brancos, xuíz de Ourense; Bernal Guitar da Guerra, xuíz de Ourense; Domingos de Ermide; Fernando Afonso da Torre, carniceiro; Fernando Pérez das Tendas, rexedor de Ourense; Fernando Pérez, abade da Trindade de Ourense; Fernando Rodríguez, notario; García Eáns, aparellador; García Fernández da Praza, mercador e rexedor de Ourense; García Pérez da Fontaíña, rexedor de Ourense; Gonzalo Daza e Osorio, bispo de Ourense; Gonzalo Eáns das Tendas, mercador e rexedor de Ourense; Gonzalo Eáns, mercador e rexedor de Ourense; Gonzalo Martínez de Montealegre, mercador; Gonzalo Pérez da Fontaíña, notario; Gonzalo Pérez de Noalla, rexedor de Ourense; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Gonzalo Pérez, dito Sardiña, notario; Gonzalo Seixalbo, carniceiro; Lourenzo Pérez, aparellador; Martiño Eáns de Gordón, rexedor de Ourense; Martiño González, notario de Ourense; Miguel Pérez, carniceiro; Pascual García, bispo de Ourense; Pedro Páez, rexedor de Ourense; Roi Lourenzo, rexedor de Ourense; Vasco Pérez Corbacho, mestrescola de Ourense; Vasco Pérez Mariño, bispo de Ourense; Xoán Ares, rexedor de Ourense; Xoán de Requeixo; Xoán Gómez, carniceiro; Vasco Martínez, notario

Outros

Castela, reino; Ourense, cabido; Ourense, concello; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, bispado

Lugares

Baamonde; Gordón; Montealegre, monte; Noalla; Ourense; Requeixo; Vilamarín