GMH/ÍNDICE A-Z

433
1434setembro, 25
O clérigo Xoán de San Xiao, querendo vender unha viña que ten aforada, require ao señorío, que lle pide información da venda. (fol. 131v)

       

Joan de San Giaao.

En este día Joan de San Giaao clerigo requerío e tomou testemunyo contra Meen Rodrigues de Paradela et contra Afonso de Rabilla, que por quanto el quería vender a viña de (- - -) que esta en (- - -) et elles eran senorios, que a ouvesen por lo justo preço, senon que protestava de vender a dita viña sen penna alguna et logo os ditos Meen Rodrigues e Afonso de Rabilla diseron que mostrase a carta e que lles declarase a quen a vendian et por que preço e que fesese sobre elo juramento segundo que o dereito en tal caso manda e elles que farian aquelo que de dereito devesen e que ou reçeberian por foreiro ao que a merqava ou a remeriian por lo justo preço. Tests. Joan d’Encontro, Gonçalvo Martines de Seixalvo et. (fol. 131v)