GMH/ÍNDICE A-Z

59

1417, decembro, 17  
 O Concello elixe a Vasco Troco, Vasco Gómez de Marzoa e Juan Ares do Villar, veciños da cidade para que en representación destes, estean presentes ó repartimento de calquera cantidade que durante este ano se fixese na cidade. Ó mesmo tempo dáse coñecemento das cantidades que da parte do Rei se darán a algunhas persoas que os teñen por mercede do mesmo.
O Concello contrata ó mestre Fernando como cirurxián, coa obriga de residir en Santiago cun salario de 150 maravedís e exención de toda clase de impostos.
O Concello ordena ó procurador pague ó bacharel Gómez Rodríguez 400 maravedís pola súa axuda en preitos e negocios da cidade.
O Concello manda ós procuradores fagan contrato con Lopo Gómez, carpinteiro, para que faga as escaleiras do rollo.
O Concello, tendo en conta que na cidade só había un canpeeiro e era necesario outro que o axudara a enterra-los mortos, nomea para este traballo a Rui Mouriño, ó que consideran persoa idónea, e á que lle outorgan exención de impostos e repartimentos e da obrigación de apousentar hóspedes na súa casa.

Era sobredita, dia esta feira des et sete dias do mes de dezenbre, este dito dia seendo o conçello, alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago, juntados enno sobrado da notaria de min //
(Fol. 24 vº)
Ruy Martines, notario da dita çidade, po crida de anafil segundo que han de uso et de costume, presentes ende Fernand Ares Xarpa et Pero Eanes Abraldes, alcalles enna dita çidade et Alvaro Afonso Juliate, Gomes Rodriges, bachiller, Martin Galos, Fernan Gonçales do Preguntoiro et Afonso Fernandes Abril, jurados da dita çidade et presentes outrosi Vaasco Troquo et Vaasco Gomes de Marçoa et Juan Ares do Vilar, vesiños da dita çidade, os quaes o dito conçello, justiças et jurados elegiron este dito anno para que por parte da comonidade estevesen presentes a o repartimento de quaesquer maravedis que enna dita çidade se ouvesen de dar et coller et derramar et en presença de min o dito Ruy Martines, notario et das testemoyas adeante escritas logo enton o dito Fernand Ares mostrou et feso leer por min o dito notario hũa carta de libramento de Diego Fernandes de Lleon, recabdador mayor de noso señor el rey enno arçobispado de Santiago con obispado de Tuy este dito anno, a qual era escrita en papel et firmada de seu nome, segundo que por ela paresçia et da qual o thenor de verbo a verbo he este que se sigue:
Conçejo e alcaldes et jurados et ofiçiales et omes buenos de la çibdat de Santiago. Yo Diego Fernandes de Leon, recabdador mayor por nuestro señor el rey en el arçobispado de Santiago con el obispado de Tuy, este anno de la fecha desta carta, vos digo que bien sabedes en como devedes et avedes a dar al dicho señor rey et a mi en su nonbre este dicho anno mill et seisçentos maravedis de moeda vieja de los marcos que avedes a dar en cada anno al dicho señor rey en que monta tres mill et dozientos maravedis de moeda blanqua contando dos blancas por un moravedi a rason de dos maravedis de la dicha moeda blanqua por un moravedi de la dicha moeda vieja los quales ha de aver Ferrant Arias, fijo de Arias Garçia Serpa de su merçed que del dicho señor rey tiene en cada anno para en toda su vida et le en mi fueron librados este dicho anno por que vos digo de parte del dicho señor rey que dedes et paguedes al dicho Ferrante Arias o al que lo ouver de recabdar por el los dichos mill et seisçientos maravedis de la dicha moeda vieja o los dichos tres mill et dosientos moravedis de la dicha moeda blanqua que ha de aver de la dicha su merçed este dicho anno, como dicho es et datgelos a los plazos el en la manera que los avedes a dar al dicho señor rey et a mi en su nonbre et non tomedes del nin del que lo ouvier de recabdar por el otra carta de pago que con esta mi carta vos seran reçebidos en conta los dichos mill et seisçientos maravedis de la dicha moeda vieja. Fecha dos dias de dezenbre, anno del  naçimiento del  Nuestro Salvador Jhesu Christo de mill et quatroçientos et dies et siepte annos. Diego Fernandes.
A qual carta presentada por lo dito Fernand Ares et liuda por min o dito notario, o dito Fernand Ares frontou et requireu ao dito conçello et regidores et omes bõos sobreditos que conprisen a dita carta segundo que se em ela contiinan et en conprindoa que lle fesesen logo dar et pagar os ditos maravedis en ela contiudos pois que o termo a que vos ouveran de pagar era ja pasado et o dito conçello et segidores et omes bõos sobre ditos diseron que eles devian os ditos maravedis contiudos enna dita carta de libramento por rason dos ditos marquos do dito señor rey avia de aver en cada hũu anno enna dita çidade et por ende que mandavan et mandaron a Alvaro Gil canbeador et procurador do dito conçello que adsente estava que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdava ou avia de recabdar que dese et pagase e ende ao dito Fernand Ares mill et seteçentos maravedis contando blanqua a tres dineiros por rason dos ditos marquos et que mandavan ao dito procurador que quando lle fesese paga dos ditos maravedis que tomase en sy a dita carta de libramento original et que con ela et con este mandado lle serian reçebidos en conta os ditos mill et seteçentos maravedis da sobredita moeda. Esto fui enno dito lugar dia et mes et anno sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes Juan da Cana et Fernan Rodriges de Soneira et Domingo Longo et //
(Fol. 25)
Fernan Bieytes vesiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello, alcalles et regidores et omes bõos sobreditos, diseron que por quanto eles por proveito comũu rogaran a mestre Fernando da Cruña, solorgian que morase en esta dita, cidade por quanto aquy non avia de presente solorgian algũu et que lle darian seu selario en cada hũu anno por rason do dito ofiçio segundo que o davan a meestre Fernando, natural da çidade de Sevilla a quen Deus perdon et o dito Meestre Fernando por rogo de algũas persoas que llo diseran de parte do dito conçello lle prasia de viver et morar en esta dita çidade con tal condiçon, que o dito conçello lle dese en cada hũu anno seu selario conpetente e o escusase et fesese quito das cousas que rasonablemente devia sẽer escusado segundo que o era o dito Meestre Fernando. Por ende que eles considerando en como era proveito comunal de todos os moradores enna dita çidade que o dito Meestre Fernando morase regidentemente enna dita çidade que querian que o dito meestre Fernando desde o primeiro dia de janeiro primeiro que ven emdeante en quanto fose voontade do dito conçello et a el prouvese de morar enna çidade que ouvese do dito conçello de seu selario en cada hũu anno por rason do dito ofiçio çento et çinquoeenta maravedis de moeda vella contando branqua a tres dineiros et de mais que fose quito et escusado de quaesquer rendas et tallas et enprestidos que de aqui endeante en quanto fose voontade do dito conçello et el morase et estevese regidentemente enna dita çidade se ouvesen de repartir et derramar enna dita çidade et eso mesmo que querian que fose quito de pousentadoria et que mandavan a os alcalles que agora eran et fosen de aqui endeante enna dita çidade que non apousentasen nen desen pousada a persona algũa enna casa donde o dito Meestre Fernando morase contra sua voontade et que mandavan aos procuradores do dito conçello que agora eran et fosen por los tenpos adeante segintes que pagasen en cada hũu anno a o dito Meestre Fernando ou a seu çerto recado os ditos çento et çinquoeenta maravedis da moeda sobredita en quanto fose voontade do dito conçello et el morase enna dita çidade segundo dito he. Et que con o traslado deste mandado et con carta de pago do dito Meestre Fernando lles serian reçebidos en conta et en pago os ditos maravedis que asi lle desen et pagasen en cada hũu anno segundo dito he. Et outrossi que mandavan a Pero Leiteiro et a Alvaro Gil, procuradores que agora eran do dito conçello que quasquer maravedis que por lo dito conçello recabdaran ou avian de recabdar que desem et pagasen ende ao dito Meestre Fernando, çento et çinquoenta moravedis contando branqua a tres dineiros et que era sua voontade de lle mandar dar para ajuda da custa que el fezera en estar regidentemente en esta dita çidade despois que lle fora dito de parte do dito conçello que morase et estevese enna dita çidade et que querian que fose reçebidos en conta aos ditos Alvaro Gil et Pero Leiteiro os ditos çento et çinquoeenta maravedis que asi avian de pagar a o dito Meestre Fernando por o dito tenpo pasado, segundo de suso he declarado. Et desto en como pasou o dito Meestre Fernando pedeu a min o dito notario que lle dese delo publico instrumento para garda do seu dereito. Et esto fuy enno dito lugar dia et mes et anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Juan da Cana et Fernan Rodriges de Soneira et Domingo Longo et Fernan Bieytes, vesiños da dita çidade.- Feita et dada a o dito Meestre.
Predito.- O dito conçello, alcalles et regidores sobreditos diseron que por quanto que eles moveran pleito a Vaasco Peres Cabeça, vesiño da dita çidade a quen Deus perdon (...13 + -) seisçentas maravedis contando branqua a tres dineiros que lle demandavan. Por ende que (... 14 + -) do pleito et de contenda que feseran aviinça con Gil Peres cambeador17  //
(Fol. 25 vº)
do dito Vaasco Peres et con Lionor Fernandes, sua moller que fuy en esta gisa: que o dito Gil Peres pagase por los bẽes do dito Vaasco Peres dusentos et setenta maravedis et que a dita Lionor Fernandes que pagase çento et triinta maravedis que montava por todo quatroçentos maravedis, contando branqua a tres dineiros. Por ende que mandavan et mandaron a Alvaro Gil et Pero Leiteyro, procuradores do dito conçello que presentes estavan que do que18 recabdasen dos ditos Gil Peres et Lionor Fernandes, os ditos quatroçentos maravedis enna maneira que dita he et que jos pagasen a o bachiller Gomes Rodriges que os avian de aver de seu salario que tĩinan do dito conçello en cada hũu anno por rason de os ajudar ennos pleitos et negoçios do dito conçello et os quaes maravedis diseron que el avia de aver do dito seu salario do anno que pasou de mill et quatroçentos et des et septe annos que se fiinçera enno mes de fevereiro primeiro que ven deste dito anno et que mandavan a os ditos procuradores que quando fezesen paga a o dito Gomes Rodriges dos ditos maravedis que tomasen del carta de pago dos ditos maravedis 19 et que seerian reçebidos en conta. Testemoyas que a esto foron presentes Juan Fernandes da Cana, canbeador, et Fernan Rodriges de Soneira et Domingo Longo et Fernan Bieites, serventes do dito conçello.
Predito.- Conçello, alcalles et regidores sobreditos mandaron a Pero Leyteiro et a Alvaro Gil, canbeadores, procuradores do dito conçello que presentes estavan que fezesen aviinça con Lopo Gomes, carpenteiro, por las escaleiras que avia de fazer para o rollo, et que os maravedis que lle ouvesen de dar por las ditas escaleiras que os demandasen a Gil Peres procurador que fuy do dito conçello ao qual mandavan que os pagase para en conta dos maravedis que quedara devendo ao dito conçello et que mandavan que fosen reçebidos em conta ao dito Gil Peres os maravedis que assi dese a os ditos procuradores para pagaren ao dito Lopo Gomes por las ditas escaleiras que asi avia de faser para dito rollo. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. O dito conçello, alcalles et regidores sobreditos diseron que por quanto em esta çidade non avia agora de presente mais de hũu canpeeiro et era necesario outro con el, que o ajudase a enterrar os corpos dos finados et que por quanto Rui Mouriño da Peña, que presente estava era ydonio et perteesçente para usar do dito ofiçio, por ende, que lle proveyan et proveeron del et que lle mandavan et mandaron que usase de aqui endeante do dito ofiçio et que querian que el ouvese por rason del seus dereitos acostumados segundo que os ouveran os outros canpeeiros da dita çidade que por los tenpos foran et outrosy que querian et mandavan que o dito Rui Mouriño fose de aqui endeante quito de renda et de pousentadoria et que mandavan que non fose repartido nen encanavado en rendas //
(Fol. 26)
nen em tallas que enna dita çidade aqui endeante se ouvesem de repartir et derramar et que posto que em elas fose repartido que querian que el non pagase os maravedis que o asi repartisen et que mandavan a os alcalles da dita çidade que agora eran et fosen por los tenpos adeante segintes que non apousentasen en desem pousada enna casa donde o dito Rui Mouriño mourase a persona algũa, et desto en como pasou, o dito Ruy Mouriño pedeu a min o dito notario publico ynstrumento para sua garda. Esto fuy enno dito lugar anno, dia et mes susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Juan Fernandes da Cana canbeador et Fernan Rodriges de Soneyra et Domingo Longo et Fernan Bieytes, vesiños da dita çidade.
FUY DIA DE NATAL EN SABADO A VIINTE ET ÇINQUO DIAS DE DEZENBRE ET COMENÇASE ESTE DIA O ANNO DOMINI MºCCCCº DEÇIMO OYTAVO.
 

17 Os espacios que se sinalan non se len por estaren na parte inferior do folio e moi borrosos.
18 “do que” borrado.
19 “dos ditos maravedis” borrado.