GMH/ÍNDICE A-Z

337

agosto, 4

Xoán Carneiro, reitor de Santiago de Toubes, recibe a Martín das Barbeitas por foreiro dun lugar, por cuarta e 6 mrs. de dereitura. (fol. 103v)

Martin das Barbeyras, pagadas IIII brancas.
Feita e dada, notada enno libro manual.

En este día, sabean quantos esta carta viren como eu Joan Carneiro, clerigo reytor da igleia de Santiago de Toubes, por rason que vos Martin das Barbeytas, morador enno lugar das Barbeytas, teendes aforado o lugar das Barbeytas que perteesçe a dita igleia, o qual ja teendes aforado de meus anteseçores por ende e por quanto vos sondes boon labrador, por ende eu reçebovos por foreiro \a vos et a vosa moller Maria Yanes que non he presente/ do dito lugar das Barbeytas, segundo e enna maneira por lo foro e condiçoens que vos o dito lugar teendes e ouvestes de Gonçalvo çapateiro de Paaços e o ja teendes aforado, et por tal condiçon que façades o dito foro de quarta a dita \miña/ igleia de segundo que se conten enna carta que ja del teendes feita, et mays que pagedes seys mrs. por dereytura branca en tres dños. por cada día de San Martiño, et do al que ajades o dito lugar de disemo a deus e vos reçebo del por foreiro, segundo que o tragedes a jur e a maao e segundo que se conten enna carta que del teendes feita, e prometo de nonca contra elo pasar etç. et obrigo os beens da dita igleia etç. et eu o dito Martin das Barbeytas obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Pero Carneiro coengo enna igleia d’Ourense et Joan Peres de Junqueira et Martin de Calvos e Martin Juis e Gonçalvo Martines do Paaço, moradores en Seixalvo e outros. Feita quatro dias de agosto do dito anno. ( fol. 103v)