GMH/ÍNDICE A-Z

H8
1435, decembro, 6
Afonso Iáñez, morador en Bentraces, recibe de Afonso Rodeiro, mercador de Santiago, panos por valor de 1610 mrs., que se obriga a pagar ata día de Entroido. (fol. 4)

Afonso Rodeiro.

En este día Afonso Yanes, morador enna aldea de Ventrases, reçebeu de Afonso Rodeiro, merqador vesiño de Santiago, mill et seysçentos et dez mrs. branca en tres dns., os quaes mrs. del reçebeu en pannos que valian ben a dita contia, de que se deu por pago etç., os quaes ditos mill et seysçentos et dez mrs. se obrigou delos pagar ata dia dentroydo primeiro sigente, so penna de dez mrs. da dita moeda, para o qual obrigou sy et todos seus beens, deu poder conprido a qual quer justiça, renunçiou a todas las leys etç., obrigaçon forte e firme etç. Tests. Afonso Gomes d’Allaris, Afonso Fernandes juis de Sobrado e Rodrigo escripvan. (fol. 4)