GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

364
1363, setembro, 12
requisitoria

Requisitoria de Lopo Rodríguez de Sabadelle a Fernando Pardo e Lourenzo Iáñez de Santa Cruz sobre o desembargo dunha viña en Sesnande, que foi do mercador Xoán López.

ACOu, Escrituras X, 33

Era de mill e quatroçentos e huun annos, dose dias de setenbro. Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Viçente Suarez notario publico d’Ourense pola igleia desse lugar et das testemuyas adeante escritas, em este dia estando enna dita villa na rua das Tendas ante a porta da tenda en que mora Fernan Pardo mercador et presentes y o dito Fernan Pardo et Lourenço Yanes de Santa Crus mercadores moradores en Ourense, et logo por min notario Lopo Rodrigues escudeyro morador en Sabadelle disso aos ditos Lourenço Anes e Fernan Pardo que elles bem sabyam en commo a el entregara Johan Lopes mercador morador en Ourense nas Tendas huna leyra de viña que disso que estava en termino de Sesnande, aa qual chaman Barbeytynos, que tiiña en pynor do dito Johan Lopes por tres mill mor. de diñeiros brancos, et que estava en jur e en possissom della. Et que agora ao dito Lopo Rodrigues era dito e çertyfficado por alguuns homes de fe e de creer que os ditos Lourenço Anes e Fernan Pardo que querian entrar e reçeber a dita leyra de viña, non sabendo nen seendo bem çerto o dito Lopo Rodrigues por qual quer rason, et que o queriam desapoderar della non seendo el ante chamado e demandado e requerido sobre \elo/ chamado a juyso |a juyso| por hu devesse e commo devesse, do qual entramento e reçebemento, se o da dita leyra de viña os ditos Lourenço Anes e Fernan Pardo fesesem et da novydade que ora en ella siia, o dito Lopo Rodrigues disso que non consintya en ello, ante o contra disia agora e avya por contra dito, et que o poyna el por agravamento et que fose por força e contra sua voontade. Et que a salvo lle ficasse sobre ello todo seu dereito agora e daqui endeante para a aver et cobrar et demandar con todas suas novydades aos ditos Lourenço Anes e Fernan Pardo et a outros quaes quer que llela asy tomassen e entrassen e reçebessen, con todas las custas, perdas e meos cabos que el por esta rason fesesse e reçebesse daqui endeante. Et desto todo en commo o disia que pedia a min notario que lle desse ende huun publico estormento ou mays quantos lle conprisen para guarda e deffendemento de seu dereito. Et os ditos Lourenço Anes e Fernan Pardo respondendo a esta fronta disseron que elles entraron et teem a dita leyra de viña et que a esffroytaron e esffroytan por que disian que era sua por que lles fora venduda por huna gran contia de mor. por Garçia Ruys juys que era aa sason por nosso señor el rey en Ourense, segu[n]do se contyna en huna sentença que sobre ello mostravan, a qual elles levaron e guardaron. Et que por ende tiiñan a dita leyra de viña e o non leixarian ao dito Lopo Rodrigues, mays se o dito Lopo Rodrigues alguun dereito en ella avya que lle farian sobre ella conprimento de dereito. Esto foy en Ourense, na era e dias sobre ditos. Testemuyas que a esto presentes foron Martin Fernandes e Johan Fernandes yrmaos tendeyros e Johan de Seixadas alffayate moradores en Ourense e outros.

Et eu Viçente Suarez notario sobre dito que a esto presente foy e en miña presença aqui o fige escrivyr e meu sinal aqui fige que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da leyra de Barbeytiños questá en Sesenande que foy de Lopo Rodrigues.