GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

941
1417, abril, 15. Lugo

O cóengo Xoán Yanes afóralles a Xoán López, á súa muller e a dúas voces os casais de Pontegaos e Piúgos na freguesía de Santiago de Piúgos, por renda anual de 20 e 50 marabedís, respectivamente.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 124 v.- 125 r.
       

Sabeam quantos esta carta virem como eu Juan Yanes, coengo de Lugo, foreyto et teedor et posoydor de çertos bees da Capela Nova de San Domingo chamada dos Reys sita en a iglesia de Lugo, con outorgamento et consintimento de Afonso Peres de Vilardoo, capelan da dita Capela, que esta presente et outorgante, et por quanto os lugares et casares de [Peugos] de Pena et de Pontegaos, que son da dita Capela et de que eu soo foreyro et pesoydor, iasen en ermo et en monte et mays as herdades del et as casas en terra et derribadas et mal reparadas en tal maneyra que [he gran] tempo que eu nunca deles oyve renda, nen çenso, nen trebuto nehun, et veendo et entendendo que he prol da dita Capela et de aqueles que foren teedores et posuydores et foreyros dos ditos bees, que eu agora teno en foro et de que soo posuydor, con outorgamento do dito Afonso Peres, capelan, que presente esta, dou aforo et avervo a vos Joan Lopes, mercador, et a vosa muller, Eynes Peres, vesinos et moradores en a dita çiudade de Lugo en a rua do Campo, por vosa vida de anbos et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, et a outra qual nomear aquela persoa que por lo pustrumeyro de vos for nomeada, et se por ventura non foren nomeadas que seian aquelas persoa ou persoas que erdaren vosos bees de dereyto, os ditos casares et lugares de Pontegaos et de Peugos de Pena, que son da dita Capela, con o caneiro do Bano que he do dito lugar de Pontegaos, os quaes ditos lugares et casares vos aforo, segundo dito he, con todas suas herdades et cassas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et cortinas et naseyros et entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças onde quer que vaa et perteescan a os ditos casares et lugares sub signo de Santiago de Piugos, et sub outros quaesquer signos que eles vaa et perteescam a os ditos lugares et casares, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Juan Lopes, et vosa muller et as outras persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro tiredes et bitredes de monte et silvar as herdades dos ditos lugares, et ergades et façades as casas deles de parede et as cubrades de palla et de madeyra, et tenades as ditas herdades lavradas et ben reparadas, et las ditas casas feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes de foro et penson en cada hun ano a min, ou a aquel que for foreyro et teedor dos ditos bees, çinquaenta maravedis de moneda vella et de longos, de oyto soldos o moravedi, en esta maneyra: çinquaenta maravedis por lo dito lugar de Piugos de Pena et viinte maravedis por lo dito lugar de Pontegaos con o dito caneyro, et que os pagedes en cada hun ano por dia de San Martino de novembre; et a finamento da pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que as herdades dos ditos / casares et lugares fiquen lavradas et ben reparadas, et as casas feytas et cubertas et en boo paramento, et con todos los outros boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu, o dito Juan Lopes, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa et por las outras persoas que suçederen en o dito foro dos ditos lugares et casares et caneyros sobreditos de vos, o dito Juan Yanes, coengo, et obligo a min et a todos meus beens et seus de o conprirmos et pagarmos en todo et por todo segundo et por las maneyras et condiçoes que ditas som. Et eu, o dito Juan Yanes, coengo, foreyro et posuydor dos ditos bees, con outorgamento do dito Afonso Peres asy vos lo outorgo, et rogo et peço a o senor Obispo de Lugo, et a seu vigario ou vigarios, ou a outra persoa que para elo poderio ouver, que de liçençia et autoridade et interpona seu decreto a este dito foro que valla sempre en a maneyra et por lo tempo et condiçoes que he feyto et outorgado. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, huna para o dito Juan Lopes et sua muller et persoas, et a outra para o dito Juan Yanes et para os outros teedores et foreyros dos ditos bees.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo, quinse dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: o dito Afonso Peres, capelan da Capela que outorgou en o dito foro; et Fernando das Cortinas, clerigo do coro de Lugo; et Alvaro, criado do dito Juan Lopes, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.