GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

976
1421, febreiro, 18. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernán Yañes e a dúas voces o lugar e casal de Chamoso da Foz na freguesía de San Fiz de Paradela, por renda anual os primeiros beneficiarios dunha carga de centeo, e sete tegas a última voz.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 137 v.- 138 r.
       

Sabeam quantos esta carta de aforameto virem como nos o deam, persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et con outorgamento de dom Rodrigo Afonso, juys de Lugo, et Pedro Lopes, coengo de Lugo et amystradores do mes de freveyro en terra de Farnadeyros, que estan presentes et outorgantes, damos aforo et avervo a vos Fernan Yanes, çapateyro, vesino et morador en a çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo, et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, o noso lugar et casal de Chamoso da Foz, que he da dita amystraçon, o qual vos aforamos con todas suas herdades et casas et formaes et montes et prados et pascos et caneyros et naseyros et con todas outras suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que vaan et perteescan a o dito lugar et casal, sub signo de San Fiiz de Paradela, a a tal pleito et condiçon que vos façades et ergades as casas do dito lugar et casal, que ora jasen en terra, et as façades de paredes de pedra et cubertas et portadas, et reparedes ben et tiredes de monte todas las herdades do dito lugar et casal, aquelas que en el iasen, et onde tiraren os outros, tenades todo en boo paramento; et dedes et pagedes de foro et penson en cada hun ano, a aquel ou a aqueles que teveren a dita amistraçon, vos, o dito Fernan Yanes, et a outra primeyra persoa, que depoys de vos suçeder en o dito foro, huna carga de çenteo linpo de poo et de palla por medida dereyta en o dito lugar; et a terçeyra persoa, que suçeder en o dito foro, que de et pague de foro et penson cada hun ano sete teegas de çenteo; et outrosy que as outras persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro seian teudas et obligadas cada huna dellas de viir reçeber o dito foro do dito cabidoo et mostrar como son persoas del do dia que en el suçederen por persoas ata triinta dias primeyros seguentes cada huna segundo ficar por persoa del, et non no comprido asy que perga o dito foro. Et outrosy non avedes vos nen as ditas persoas de vender, eallar, nen supinorar o dito foro sen liçençia et abtoridade do dito cabidoo. Et a finamento da pustrumeyra persoa, que suçeder en o dito foro, que o dito lugar et casal et casas et herdades et naseyros et pesqueyras del fiquen as herdades lavradas et ben reparadas, et as casas feytas et cubertas et en boo paramento, et eso meesmo os ditos caneyros et naseyros a a dita iglesia de Lugo, cuias son, con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu, o dito Fernan Yanes, que presente estou por myn et por las ditas persoas que suçederen en o dito foro asy reçebo este dito foro de vos, o dito dean, et cabidoo que me fasedes do dito lugar et casal, et obligo meus bees et seus de o comprirmos, pagarmos, et atendermos en todo segundo et en a maneyra que en esta carta he conteudo. Et nos, o dito dean, et cabidoo con consintimento dos ditos amystradores asy vos lo outorgamos, et porque esto seia çerto rogamos / et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Fernan Yanes, et para as ditas persoas et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedoe mandamos seelar a carta de vos, o dito Fernan Yanes, con o seello do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Santa Maria de Lugo, dez et oyto dias do mes de fevreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que estavan presentes et outorgaron o que sobredito he: dom Juan Martines, dean de Lugo; dom Afonso Lopes, chantre; dom Diego Alvares, arçidiago de Neyra; dom Rodrigo Afonso, juys; don Lopo Dias, mestrescola; Pedro Lopes, Afonso Teyxyero, Lopo Ferrnandes, Fernan Peres, Juan Dias, coengos; Fernan Ferrnandes, Fernan Rodrigues, raçoeyros; Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.