GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

950
1417, setembro, 8. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle a Fernán de Agrelo unha casa na rúa de Burgo Novo, recibindo a cambio outra no mesmo lugar e un casal en Vilachá de Chamoso. (V. CD. nº 940).

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 140 r. e v., 122 r. e v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A fs. 122 e 140.



Sabeam quantos esta carta viren como nos o dean, chantre, persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro prinçipal dos anyversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon et veendo et entendendo que he noso probeyto et de nosos suçesores, fasemos et outorgamos tal escanbea convosco Fernan d’Agrelo, mercador, vesino et morador en a çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo, que estades presente, que queremos et mandamos et outorgamos que seia firme et estavele por jur de herdade para senpre jamays, conben a saber que nos, o dito dean et cabidoo, damos et outorgamos a vos, o dito Fernan d’Agrelo, por jur de herdade para vos et para toda vosa vos por jur de herdade para senpre jamays, segundo dito he, a nosa casa de dous portaes, que he nosa et dos ditos anyversarios da dita iglesia de Lugo, que esta en a çiudade de Lugo en a dita rua de Burgo Novo, sub signo da Capela de Santiago desta çiudade de Lugo, en a qual dita casa vos, o dito Fernan d’Agrelo, ora morades, a qual dita casa esta junta da huna parte junto con outra casa de fillos de Gomes Ares das Cortinas, a qual dita casa vos damos et aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et perteneças, segundo nos ela perteesçe, para que vos et toda vosa vos ha aiades libre et desenbargadamente sen enbargo de nos et de todos nosos suçesores, et ha posades morar et vender et eallar et desvaratar et faser dela vos et toda vosa vos toda vosa voontade como de vosa cousa propia, que nos todo o senorio et propiadade et abçon que en ela et a ela avemos todo o traspasamos et sacamos de nos et ho poemos et traspasamos en vos et en vosa vosa para senpre. /

Et eu, o dito Fernan d’Agrelo, que presente estou asy reçebo a dita casa de vos, o dito cabidoo, et dean que me dades et outorgades, segundo dito he, et douvos logo et outorgo por la dita casa et en a dita escanbea et a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela hun meu casal de herdade, que foy de Afonso da Pena, que he en Villachaa de Chamoso, sub signo de San Jullao de San Miguel de Vyllachaa, que ora labra Afonso de Segovia, o qual vos dou et outorgo con todas suas herdades et cortinas et casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo que me el perteesçe. Item vos dou et outorgo mays, en a dita escanbea, huna mina casa que esta en a çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo con outra casa que he mina que esta en o saydo dela, a qual casa esta junto da huna parte a par de huna casa en que morou Fernan Gomes, ferreyro, et da outra parte esta junto con outra casa que foy de Afonso Yanes Manaaboa, çapateyro, as quaes ditas casas ora por min mora et usa Juan de Vilapene, çapateyro, as quaes son sub signo da Capela de Santiago desta çiudade de Lugo, as quaes vos dou et outorgo en a dita escanbea con o dito casal et lugar de Vilachaa, segundo dito he, con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo me elas pertesçe, para que vos o dito dean et cabidoo et vosos suçesores et a dita iglesia de Lugo d’aqui endeante ajades todo esto que sobredito he libre et desenbargadamente por jur de herdade para senpre jamays, et façades delo et de parte delo como de vosa cousa propia, que eu todo o senorio et jur et posison et propiadade que ey et poso aver en o dito lugar et casal et casas et herdades del et en as casas sobreditas todo ho tiro et revoco de min et de toda mina vos et ho pono et traspaso en vos, o dito dean et cabidoo da dita iglesia de Lugo, et en vosos suçesores para senpre jamays. Et nos, o dito dean et cabidoo, asy reçebemos de vos, o dito Fernan d’Agrelo, o dito casal et lugar de Vilachaa et herdades et casas del et as outras casas sobreditas, et vos damos et outorgamos a dita casa en que vos morades de suso nomeada. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas anbas feytas en hun tenor para cada huna das ditas partes a sua, et as signase de seu signal.

Que foy feyto et outorgado esto que sobredito he en a dita çiudade de Lugo, oyto dias do mes de setenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; et don Lopo Dias, mestrescola; et don Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Fernan Rodrigues, Rodrigo Ares, Fernan Peres, Afonso Ares, Nuno Gomes, Afonso Martines, coengos; Fernan Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Juan Ferrnandes, Fernan Ferrnandes, raçoeyros da dita iglesia; Mestre Juan, porteyro; Fernan Yanes, sancristan da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este publico instromento fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.