GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

41

1270, xullo, 6. Vilamaior-Mondoñedo.
Escritura de concordia outorgada entre o bispo de Mondoñedo, don Nuno II, e o Cabido, por unha parte, e o concello de Ribadeo, pola outra, en virtude da cal o mencionado bispo e Cabido se comprometen a poñer na igrexa daquela vila un cóengo e catro racioneiros para o seu servicio.
A, perg., partido por A.B.C., que amosa os orificios dos que penderon os selos, de 250 x 190 mm. Letra semigótica.
C, papel, do ano 1705. Escritura ordenada polo bispo Navarrete Ladrón de Guevara e autenticada por dous notarios.

Conuzuda cousa sea a quantos esta presente cara uiren et oyren como nos don Munio pela gracia de Deus bispo de Mendonnedo / et o cabidoo desse mismo lugar sobre queixume que auia de nos o conçelo de Ribadeu porque non prouiamos aa yglesia de Riba/deu de seruidores asi como deuiamos ueemos con elles aa tal pleyto et aa tal conposizon por nos et por todos nossos sus/cessores que en nossa uoz ueerem que deuemos aproueer de quatro razoeiros aa deuandita yglesia de Ribadeu et estos quatro / razoeiros deuen a ser filos de uizinos leygos de Ribadeu que moren de porta a porta ou moraron et se destes de / ueer ou ueerem a melor estado no bispo et cabidoo sobreditos deuemos a proueer doutros desse mismo lugar de Ri/badeu assi como de suso dito e. Et nos deuemos aproueer a estes razoeiros de susoditos assi como proueen a os outros / cooygos que y esteuerem en Ribadeu ou esteueron segundo suas razoes. Et con este quatro razoeiros deuemos senpre a/proueer y dum cooygo unde nos quesermos et qual nos quesermos. Et se algun ou alguns gaanar ou gaanarem lete/ras de Roma para meas razoes enna yglesia de Mendonedo nos bispo et cabidoo sobreditos prometemos a boa fe que os / non reçebamos por neuna guisa ata que non foren proueudos os quatro razoeiros de Ribadeu sobreditos se non formos cons/trengidos polo apostoligo ou por seus iuyzes ou por seus exsecutores ou por senteza de scomoyom ou de entre/dito ou de suspensom. Et nos conçelo sobreditos renunciamos a todo dereyto et a toda razom et a toda carta ou cartas / que auiamos contra uos sobre la ordinazon desta yglesia de Ribadeu et prometemos as partes de suso dictas aa guardar / et a complir et a teer todos estes pleytos a boa fe sen mao engano. Et qualquer das partes que contra isto passar / peyte aa outra parte de chao cinquo mill morabitinos da meeda que correr na terra et o pleyto et a carta sempre seia estauile. Et / que isto seia firme et stauile mandamos fazer esta carta entre nos partida por A.B.C. et seelaada de nossos see/los pendentes conuen a saber do seelo de nos bispo et do seelo de nos cabidoo et do seelo de nos conçelo de / Ribadeo su Era de mill et trezentos et oyto annos seys dias andados de julio.
Eu Fernan Dominguez publico notario de Villamayor presente foy et de plazer das partes esta carta por mina / mao propia scriui et en ella puge meu sinal (Signo, no que se le: Fernandus Dominici).
Heu Domingo Martinez publico notario jurado de Ribadeu presente fuy et de / mandato et de outorgamento das partes con mina mao subscreuy et puge meu signal (Signo).

(Reverso):
H l xxx vii. M. iiii n. 47. De Ripa Euue.