GMH/ÍNDICE A-Z

1180
1468, xaneiro, 7. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo Afonso e a dúas voces todo o que posúe en Vilapedre, freguesía de Santalla da Devesa, por renda anual de sesenta marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 54 r.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados do cabildo da iglesia de Lugo seendo juntos en noso cabilldo por campaa tangida dentro en o tesouro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, con outorgamento de Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro da dita iglesia, amistrador da nosa amistraçon de Narla, Parrega et Goyos, que he do mes de julyo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo et aforamos a vos Rodrigo Afonso de Lugo, visino et morador en a vila de Ribadeus, que presente estades, et a outras duas personas depus vos, huna qual vos nomeardes en vida ou a o ponto da morte, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees ou a mayor parte deles de dereyto, et a outra postrimeyra persona seia nomeada por la que vos nomeardes ou herdeyra de seus bees, como dito he. Conven a saber que vos aforamos todos los nosos herdamentos, casas, arbores et formaes, prados et pascos, a montes et a fontes, et bees rayses que a dita iglesia de Lugo ten et ha et lle perteesçen en Vilapedre, que he sub o signo de Santa Alla da Devesa, chamado o lugar da See, segundo et en a maneyra que de nos tyna en foro Juan Nobo et despoys lo tevo Vaasco Martines, vesino que foy de Lugo, et segun que a nos perteesçe et a nosa mesa capitular con todas suas entradas et saydas et agoas estantes et correntes et con todos seus jures et pertenenças, segun que senpre andaron os ditos nosos herdamentos et deven andar, sub o dito signo a tal pleito et condiçion que vos, o dito Rodrigo Afonso, et as ditas vosas duas personas mantenades labradas et ben reparadas as ditas herdades et feytas, cubertas et reparadas et dereytas as casas, que con elas andan, as quaes agora iasen en terra et vos las avedes a levantar et faser sen maliçia de paredes et cobertura en guisa que se moren d’oje feyta da presente fasta quatro anos primeyros compridos, et asi as governar et manteer; et que dedes de foro et çenso, en cada ano, a o dito amistrador que he ou for da dita amistraçon sesenta maravedis vellos de curtos, que des dineyros fasen hun maravedi, postos en pas et en salvo en esta çiudade fasta dia de San Martino de nobenbro, cada ano, en a moeda que se pagaren as outras rendas do dito cabildo, que valla a dita contia dos ditos seseenta maravedis. Outrosi que cada huna persona, que depoys de vos susçeder en o dito foro, seia tiuda et obligada do dia que en el susçeder fasta trinta dias primeyros segentes de se viir mostrar a o dito cabilldo como he persona do dito foro, su pena de o perder por ese meesmo feyto, et que a postrimeyra persona seia tiuda et obligada de leyxar a seu pasamento o dito lugar alaboriado et reparado et as casas dereytas et cobertas, et mays que leyxe en o dito lugar para o dito cabilldo hun boy, que non seia bello, et seia para labrar et huna baca et quatro rexelos de obellas et huna porca et que seian parideyras, et esto con todos los outros boos paramentos que en o dito lugar foren feytos.

Et eu, o dito Rodrigo Afonso, que presente estou asi reçebo o dito foro et obligo a min et a meus bees et das ditas duas personas de o comprirmos, pagarmos et atendermos todo asi segundo et en a maneyra que dita he.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro en hun tenor huna para vos, o dito Rodrigo Afonso, et vosas personas et outra que a lançe en o libro do dito cabildo, et as signe de seu signo, et por mayor firmesa mandamos seelar a vosa con o seelo do dito cabilldo.

Que foy feyta et outorgada en o dito lugar de cabilldo, sete dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea, Gomes Garçia de Goyos, arçediano de Deçon; o dito thesoreyro; Rodrigo Afonso, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Rodrigo Afonso das Camoyras, Diego Gonçalves de Fonteyta, canonigos, capitulantes.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo en a dita iglesia de Lugo, a todo o susodito en hun con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro en este libro do dito cabilldo escripvi et en ela puje meu signo et nome acustumado que tal he en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.