GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1212
1472, febreiro, 14. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ó clérigo do coro Roi López o lugar e casal de Saa en San Xoán de Pena, por renda anual de seis fanegas de centeo.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 46 v.

Sepam quantos esta carta de foro virem como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados per son de canpana, segundo que abemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos subçesores, damos aforo et aforamos a vos Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia de Lugo, et a outras duas personas despoys de vos huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et que as taes personas que despoys suçederen en este dito foro que seian vosos similabeles, et que seian moradores en esta çiudade de Lugo et non fora dela. Conben a saber que vos aforamos o noso casal et lugar chamado de Saa, que he sito et locado sub o signo da nosa iglesia de Sayoane de Pena, con todas suas casas et casares et herdades et montes et rios et fontes et prados et pastos et pesqueyras et sebeyros et con todas las outras cousas que lle perteesçen ou perteesçer deven de feyto et de dereyto, segundo que perteesçe a os aniversarios da dita nosa iglesia, et segundo que o tragia et posuya Gomes Peres de Adae, fillo de Arias Dias d’Adae et de Ynes Lopes, sua muler, et ho dimitiu et deyxou a nos, o dito cabildo, et a os ditos aniversarios, cuio era, como todo pasou per lo notario juso escripto. A tal pleyto et condiçion que façades labrar as herdades do dito lugar et morar as casas del et as tenades labradas et as casas corregidas et cubertas en gisa que se non baan a monte as herdades et as casas que se non cayan; et dedes de foro et çensso, en cada hun ano, vos et as ditas personas a o rendeyro et coledor dos ditos aniversarios seys fanegas de çenteo, medidas por medida dereyta desta çiudade, postas en o dito lugar en todo o mes de setembre de cada hun ano; et con condiçion que cada huna das ditas pesonas que despoys de vos suçederen en este dito foro que seian moradores en esta dita çiudade, segundo dito he, et que cada persona que en el suçeder por persona fasta treynta dias logo seguentes como suçeder por persona se vena mostrar a nos, o dito cabildo, como he persona deste dito foro, su pena que se o asy non feser que por ese meesmo feyto perga o dito foro, et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en este dito foro, que o dito lugar et casal et casas et herdades fique labrado et reparado et as casas cubertas et aderençadas a nos, o dito cabildo, et a os ditos aniversarios, cuio he, con todos los boos paramentos et reparos que en el foren feytos.

Et eu o dito Roy Lopes Teyxeyro, clerigo, que presente estou asi resçebo o dito foro do dito lugar de vos, o dito cabildo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas a o teer et conplir et gardar et pagar todo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un thenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, o dito Roy Lopes, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos selar con noso selo pendente a carta de vos, o dito Roy Lopes.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo dentro en a dita iglesia, a quatorse dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Johan Afonso, chantre; et don Alvaro Dias da Lama, arçediano de Sarrea; et don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Juan Arias de Parga, et Pedro de Mera, et Roy Dias de Freyxo, canonigos et capitulantes; et Juan Afonso de Castro Afonsyn, et Rodrigo Ares de Baticalas, et Pedro Afonso de Maçaos, et Juan de Meylan, clerigos do coro de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et por ende fiz aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade, rogado et requerido.