GMH/ÍNDICE A-Z

133
1457

-133-

Este día, ẽno dito lugar. Como4 eu, Jon Bõo, morador ẽna dita freigresja, por rrasõ que eu / tyña feyto hũu foro a vós, Gonçaluo de Treytes, que presente sodes, de hũu casal / de Treytes, segundo que pasou por Gomes de Nemãcos, por ende somos / cõuenjdos de desatar o dito foro, que nõ valla; por ende4 eu, o dito Jon Bõo, / vos dou por liçençiado e libre e quito do dito foro a vós, o dito Gonçaluo de Trey/tes, e eu, o dito Gonçaluo de Treytes, así o cõsinto4 e me deyto e demjto439 do dito foro e / voslo deixo o dito casal libre e quito e desẽbargado a vós, o dito Jon / Bõo, saluo que hey de estar ẽna casa e faser a semẽteyra dela fasta / o440 março que vén. Os quaes se derõ por libres e quitos hũu ao outro / e o outro ao outro e das penas e firmesas do dito foro; obligárõse por / seus bees de estar por esto e nõ yr contra elo, so pena4 de IJ M morauidís. Carta firme, / et çétera. Testigos: os ditos. //

____________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
438. Dentro en este ano está escríto sobre un raído; ano leva un trazo por riba.
439. E demjto está entreliñado.