GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

230
1337, setembro, 21
sentenza

Sentenza dada polo xuíz Lopo Sánchez na querela dos clérigos do coro contra Xoán Domínguez, arrendatario do peso do Concello, por non quererlles pesar cera, sebo e unto gratuitamente, segundo uso e costume dos veciños da cidade.

ACOu, Clérigos do Coro, 113 bis

Sabean quantos esta carta de sentença virem que en presença de min Fernan Fernandes notario d’Ourense pola ygleia desse lugar e das testemoyas sub escrytas pareçeron en juyso ante Loppo Sanches juys de Ourense Garçia Eanes clerigo do coro d’Ourense et Affonso Eanes clerigo procuradores da universidade dos clerigos do dito coro en nome de sy e da dita universidade da huna parte et Johan Domingues da Ermada mercador d’Ourense da outra. Os ditos Garçia Eanes e Fernan Eanes disseron que commo o dito Johan Domingues tevesse agora arrendado o peso do conçello d’Ourense, que elles fossen ao dito peso para pesaren en el çera e sevo que lles fasia mester, o qual disian que era seu, disendo que o ouveran de criança de seu gaando, et pero que disseran ao dito Johan Domingues que estava no dito peso que llelo pesase sen preço ninhuun commo elles fossen clerigos do coro da ygleia d’Ourense e por ende eran viziños da dita villa d’Ourense, et commo fosse husado e acustumado na çidade d’Ourense que aquel que tevesse o peso do conçello desse lugar que pesase aos viziños da dita villa sen preço ninhuun çera que fosse de suas abellas e unto que fosse de seus porqos e sevo que fosse de seu gaando que llelo non quisera pesar. Por ende en nome de sy e dos clerigos do coro da ygleia d’Ourense e visiños da dita villa, pidiron ao dito Loppo Sanches juyz que por sua sentença mandasse ao dito Johan Domingues que agora tiinna o dito peso do conçello que pesase a elles a aos clerigos do dito coro d’Ourense e aos viziños desa villa çera, sevo, unto que fosse de seu gaando segundo dito he sen preço ninhuun segundo que fora husado e acustumado na çidade d’Ourense ata aqui. Et o dito juyz disso ao dito Johan Domingues que dizia contra esto. Et o dito Johan Domingues contestando pleito disso que verdade era que el tiinna agora o peso do dito conçello d’Ourense e que el estando no dito peso hu estava pesando merchandia que chegaran os ditos Garçia Eanes e Fernan Eanes e que lle disseran que lles pesase çera e sevo que avyan, ca disseran que llo avian de pesar sem preço ninhuun, et que el que lles deytara as pedras dos pesos deante dizendolles que poys elles non (avyan de) dar preço polo peso que o pesasen elles por sy se quissessem, ca el non era seu moço delles, mays que o dito juyz livrasse sobrelo segundo achasse por dereyto. Et enton o dito Loppo Sanches juyz vista a demanda dos ditos Garçia Eanes e Fernan Eanes e vista a resposta do dito Johan Domingues, por que disso que achava que era huso e custume da çidade d’Ourense que aquel que tevesse o peso do conçello desa villa pesava aos clerigos do coro da ygleia d’Ourense commo a viziños que eran, et outrossy aos viziños que eran dessa villa çera, sevo, unto que fosse seu de criança de seu gaando segundo dito he. Por ende seendo en lugar de julgar e polo ofiçio que o dito Johan Domingues tiinna do dito peso, por sentença mandou ao dito Johan Domingues que el daqui endeante pesase no dito peso do conçello aos viziños da villa d’Ourense sen preço ninhuun, conven a saber çera que fosse de suas abellas, unto de seus porqos, sevo de seu gaando, fazendo verdade sobrello que era assy. Dada a sentença en Ourense, viinte e hun dia do mes de setenbro, era de mill e trezentos seteenta e çinqo annos. Testemoyas que a esto presentes foron Affonso Peres, Fernan Gonçalves notarios d’Ourense, Martin Perez dito Rella e Fernan Peres dito Rossette viziños desse lugar, Lourenço Eanes Pelliquiño dobreyro da igleia d’Ourense, Fernan Peres canbiador, Johan Guiça e Johan Fernandes clerigos do dito coro d’Ourense.

Et eu Fernan Fernandez notario |notario| sobredito que a esto presente foy e esta carta de sentença scrivi e puge y meu nome e meu sinnal que tal he.

(sinal)

[reverso] Sentença dos clerigos do coro contra todos aqueles que

teberen os pesos da çibdade, que lles pesasen

todo sebo e çera sen preço ningun.