GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

51

1417, setembro, 13.
O Concello tendo en conta que este ano íase celebrar Capítulo Xeral no mosteiro de San Domingos, e que este estaba necesitado de axuda, acorda concederlle 300 maravedís. O representante do convento, Frei Pedro Nunes declara ter recibido a dita cantidade o día 15.

Treze dias do mes de setenbre. Sabean todos que seendo o conçello et regidores et omes bõos. jurados da çidade de Santiago, juntados en consistorio enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico da dita çidade, segundo que han de custume presentes enno dito consistorio Fernan Aras Xarpa, alcalde enna dita çidade et Martin Serpe, Martin Galos, Afonso Fernandes Abril et Gomes Rodriges, bachiller en decretos homes bõos jurados enna dita, cidade et Vaasquo Gomes de Marçoa, Alvaro Gil et Juan Aras do Vilar, Fernan de San Lourenço, Pero Leiteiro, vesiños da dita çidade et en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey et scusador por lo dito Rui Martines, notario publico da dita çidade et das estesmoyas adeante escriptas, enton o dito conçello alcalde et regidores et con eles sobreditos Vasco Gomes et Alvaro Gil et Juan Ares et Fernan de San Lorenço et Pedro Leiteiro, diseron que por quanto agora de presente se avia de çelebrar capitolo general enno mosteiro de San Domingo da dita çidade por los fraires da dita ordẽe para o qual o convento do dito mosteiro avia mester grandes custas et expensas para os fraires que viinan ao dito capitolo, por ende que eles o dito conçello por lo amor de Deus et por conpensaçon da dita Ordẽe et por lo bõo devido que os da dita çidade avian con o convento do dito mosteiro et doctores et fraires del et porque tĩinan ende suas sepulturas, que mandavan et mandaron que Gil Peres, procurador que foi do dito conçello dese a Frey Pedro Nunes fraire do dito mosteiro para ajuda das ditas expensas tresentos moravedis, branqua en tres dineiros que tiia ou devia ao dito conçello et que con carta de pago do dito frey Pedro Nunes et con este mandamento lle seerian reçebidos en conta estos sobreditos tresentos moravedis branquos. Testemoyas Gonçalvo de Millares et Pero Gomes do Çequelo et Afonso Eanes, alfayate, vesiños da dita çidade.