GMH/ÍNDICE A-Z

163

1420, decembro, 24.  
Juan Rodriguez de Avilés, declara ter recibido, no nome de Juan Sánchez de Noia, recadador do arcebispo a cantidade de 30.000 maravedís do servicio ó prelado.

Viinte e quatro dias do mes de desenbre. Sabean quantos esta carta viren como eu Juan Rodriges d’Abilles en nome de Juan Sanches de Noya, recabador de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo, este dito anno do qual ey poder para esto adeante contiudo outorgo e conosco que reçeby de vos Nuno Gonçales Vinagre e Juan Raposo, procuradores do conçello da çidade de Santiago este dito anno triinta mill maravedis de moeda vella contando blanqua en tres dineros en esta manera: reçeby de vos o dito Nuno Gonçales des e seys mill maravedis da dita moeda e de vos o dito Juan Raposo quatorze mill maravedis da dita moeda e asy son cunplidos os ditos triinta mill maravedis con os quaes ditos triinta mill maravedis da dita moeda o dito conçello serveu este dito anno ao dito señor arçobispo e dos quaes me outorgo por entrego e ben pagado e renunçio a toda exepçon que nunca delo diga o contrario e a ley do aver non dado nen contado, visto nen reçebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e a ley que dis que se pode opoer esta exepçon e que se fiso a confeson so asperança de paga e renunçiamos as leys que disen que as ditas exepçoes se poden opoer fasta çertos tenpos e a outra qualquer ley e dereitos e exepçon que en contrario desto que dito he o dito Juan Sanches ou eu en nome del poderia (mos) diser o alegar que o non diga (mos) nen alege (mos) 42 nen outro por el nen por min en juiso nen fora del e se outras carta ou cartas de pago ou libramentos pareçeran destes ditos triinta mill maravedis que non valla salvo esta presente carta e dou por quito e livre a o dito conçello e a vos o ditos procuradores en nome del dos ditos triinta mill maravedis e a nos os ditos Nuno Gonçales e Juan Raposo que presentes somos //
(Fol. 84 vº)
en nome do dito conçello asi o reçebemos. Feita e outorgada a carta de pago enna dita çidade, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Pero Leyteiro e Juan d’España, mercadores e Garcia Peres, notario, criado do arçediagnono de Nendos e Pero Afonso, criado de Ruy Martines, notario da dita çidade.


42 O comprendido entre corchetes, está engadido sobre a liña.