GMH/ÍNDICE A-Z

1118
1457, febreiro, 18. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Álvaro de Matelo e a dúas voces todo canto pertence ós aniversarios na aldea de Matelo, freguesía de Santa María Alta, por renda anual de 24 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 5 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 5 v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de campana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerqua da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçesores aforamos et damos aforo et avervo a vos Alvaro de Matelo, que estades presente, et a outras duas personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia aquela persona que herdar vosos beens ou a mayor parte deles de dereyto, et asi da outra persona que por vos for nomeada, as nosas erdades et casaas et formaas de casas et arvores, prados et pascos et beens rayses que os aniversarios da dita iglesia an et lles perteesçe, et a nos por eles, en o lugar et aldea de Matelo sub o signo de Santa Maria Alta, de montes a fontes, por onde quer que vaan et os nos aiamos por rason dos ditos aniversarios en o dito lugar et aldea de Matelo, a tal pleito et condiçon que labredes et tenades labradas et ben reparadas as ditas herdades, et tiredes de monte as que se non labran onde tiraren os outros moradores en a dita aldea de Matelo, en tal maneyra que as ditas herdades non se vaan a monte nen fiquen por labrar por mingoa de laboria; et dedes et paguedes de foro, en cada hun ano, vos et as ditas personas viinte et quatro maravedis de longos por dia de San Martino de novembre, a o rendeyro et colledor que por nos coller as rendas dos ditos aniversarios, postos en pas et en salvo en esta çibdade de Lugo. Et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que as ditas herdades, casaas et formaes, arvores et beens raises que fiquen labradas et en boo paramiento libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en eles foren feytos; et demays que cada huna das ditas personas que suçedere en o foro despoys de vos seia tiuda et obligada de se viir mostrar seer foreyra do dito foro a nos, o dito cabidoo, do dia que en el suçeder por foreyra ata trinta dias logo siguentes, sub pena que si lo asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Alvaro de Matelo, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneyras et condiçoos sobreditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas personas de teer, complir, atender et pagar et gardar todo o susodito, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro anbas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Alvaro de Matelo, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa mandamos seellar de noso seelo pendente a carta de foro de vos, o dito Alvaro de Matelo.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, des et oyto dias do mes de febreyro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gomes Vasques, Juan Ares, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia et Juan Ares de Parga, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.