GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

61
1433, setenbro, 13


Ares García de Rajoo e Juan Gonçalves do Ribeiro, o mozo, mariñeiro, déronse por libres e pagos mutuamente de tódalas ganancias habidas co navio no que eran socios.

(f. 27 v)

Este dia Ares Garçia de Rajoo et Juan Gonçalves do Ribeiro, o moço, marineiro, deronse por livres et quitos hũu ao outro, de todos los maravedis que o navio de que eles eran parçoeiros gaanara, asi de fretes como de outros percalços et eso mesmo de todos los aparellos et procuraçoes del, et prometeron de se non demandar mas et anunçiaronse de todo punto, hũu ao outro, etc. Ts: Ares Afonso, oulives, besiño de Santiago, et Lope Dias de Çamora et outros.