GMH/ÍNDICE A-Z

15
1300, decembro, 14

Pedro Rodríguez e o seu fillo arréndanlles a Fernando Rodríguez e á súa muller unha casa no barrio lucense da Cruz, durante catorce anos, por 200 soldos anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 17r, traslado ao Libro do Cabido polo notario Rui Fernández en 1338-I-27, Lugo.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Pedro Rodrigues de Çerella, marido que foy de Tareyia Peres, por min et por meu fillo Vaasco Peres, alugo a vos Fernan Rodrigues, fillo de Ruy Lopez, et a vosa muller Mayor Affonso, minna casa et d'este meu fillo que nos avemos enna villa de Lugo, que esta a a Cruz, entre la casa que foy de donna Orraca Martines da huna parte, et a casa de Iohan Eanes da Cruz et de seus yrmaos da outra, en que ora mora Pedro Eanes, deste Sayoane Bautista primeyro que ven a quatorçe annos compridos, por duçentos soldos cada anno, a quatro dineyros por cada tres soldos destes dineiros novees que el rey don Fernando mandou fazer. Et outorgo que reçibi logo de vos o alugeyro desta casa destes quatorçe annos, et obligome para pagar o aniverssario que esta casa a de pagar cada anno, et se o non pagar et o vos paguardes outorgo que o aiades por la casa, et se por ventura ouver mester de se adubar esta casa en estes quatorçe annos, mando que chamedes Ruy Lopes, padre de vos Fernando Rodrigues, ou Pedro Reyxa, et que se faça asy commo he uso et custume da villa de Lugo. Et estes quatorçe annos passados pagando eu o aniverssario commo sobredito he, et os adubeyros asy commo he uso et custume da villa de Lugo, a de ficar esta casa livre et

desenbargada a min et a este meu fillo, ou a nosa voz. Et eu Fernan Rodrigues por min et por mina muller a sobredita asi o outorgo commo sobredito he. Et porque esto non venna en dulta roguey a Fernando Peres, notario publico dado por lo bispo de Lugo a o conçello desse miismo lugar, que feçese ende esta carta.

Que foy feyta quatorçe dias de dezembre, era de mill et CCC et triinta et nove annos.

Testemoyas: Pedro Rodrigues de Burgo Novo, Affonso Peres do Carvalal, Aras Peres seu yrmao, Pedro Peres Sancroyo, piliteyro, Pedro Domingues do Campo, testemoyas, et outros.

Eu Fernando Peres, notario sobredito, a esto foy presente et en mina presença esta carta fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, vi et ley a carta sobredita escripta en pulgameo enno tenor sobredito, et signada de signal de Fernando Peres, notario sobredito, segundo por ella pareçia, et a rogo de Fernando Affonso, coengo de Lugo, procurador do cabidoo de Lugo, et por mandado et auctoridade de don Pedro Iacome, iuyz ordenario de Lugo, vervo por vervo a dita carta por mina mao trasladey en este livro do cabidoo sobredito, et en este traslado puge meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feyto en Lugo XXVII dias de ianeyro, era de mill et CCC LXXVI annos.

Testemoyas: don Fernan de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Sarrea; Iohan Fernandes, coengo de Lugo; Vaasco Rodrigues, coengo, testemoyas.