GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

425
1342, maio, 22. Lugo

O deán funda un aniversario sobre o casal de Saa e establece algunhas condicións adicionais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 35v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Aras, dayam de Lugo, dou et outorgo, a o cabidoo de Lugo, todo o herdamento et voz que eu aio et aver devo que conprey a Aras Peres, meu padre, enno cassal chamado de Saa, con todas suas pertenenças et dereituras per u quer que vaa, sub signo de Sayoane de Penna, por lo qual herdamento me avedes a façer cada anno huna proçissçon et hun anniversario por dia de Sancta Oufemea. Do qual herdamento eu retenno en min os fructos del por en todos meus dias, et por estes fructos que en min reçebo obligo por todos meus bees a vos pagar cada anno por raçon desta procissçon et anniversario viinte moravedis desta moneda del rey don Affonso que ora corre, a oyto soldos o moravedi, ou d’outra moneda que os valla. Et a pus meu finamento para vos façerdes esta proçissçon et anniversario, commo dito he, este herdamento de Saa sobredito vos fique livre et quito de min et de toda mina voz para sempre por iur de herdade. Et por esto que non aiades outra acçon nen demanda, nen poder para demandardes estes XX moravedis sobreditos por lo cassal chamado de Paaço de Lama, que he sub signo de San Salvador de Villa Eyriç porque vos los eu avia asignados et postos de dar cada anno por esta proçissçon et aniversario sobredito. Et eu dayam et cabidoo partes sobreditas prometemos a a boa fe de conprir et façer todo esto que sobredito he. Et que esto seia çerto rogamos et mandamos a Fernan Peres, publico notario da çebdade de Lugo, que feçesse ende esta carta.

Feyta XXII dia de mayo, era de mill et CCC LXXXª annos.

Testemoyas: Iohan Fernandes de Valdayo, coengo; Iohan Fernandes, raçoeyro de Lugo; Gil Fernandes, Gomes Fernandes de Villar de Penas et Gil Fernades, filo de Fernan Pas de Lamas, homes deste dayam ts., et outros.

Et eu Fernado Peres, sobredito publico notario da çibdade de Lugo dado pella actoridade do bispo dese lugar, a esto que sobredito he chamado et rogado presente foy et esta carta fiz en mina presença escrivir et puge y meu nome et meu signal.