GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

558
1350, xuño, 18. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo outórganlles a Fernando Pérez e á súa muller e a toda a súa voz un terreo e terzo doutro na rúa de Batitalas por dous marabedís anuais para aniversario.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 69v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo aiuntados en cabidoo commo avemos de custume, da huna parte, et eu Fernando Peres Moreyra, mercador, por min et por minna muller, Maria Peres, et por nosa vos, da outra parte, fasemos vervo et instrumento entre nos que seya firme et valedeyra para senpre, conven a saber que nos, dayam et cabidoo, entendendo que he nosa prol et da iglesia de Lugo damos a vos, o dito Fernando Peres et a vosa muller, Maria Peres, et a vosa vos, hun noso terreo dos aniversarios da dita iglesia, que ias ena rua de Baticalas, dentro na villa de Lugo a par [...] noso terreo, sub a capella de Santiago, et en par d’outro terreo dos malates; et outrosi vos damos outro terreo que he dos aniversarios da dita iglesia que se parte con os andadores da villa de Lugo, en que nos avemos o terço et os andadores as duas partes, o qual terreo esta a par deste noso et en par d’outra casa que foy d’Aldara Cavalleyra, que ora ten Pedro Eanes, clerigo, sub signo da dita capella; enos quaes terreos estevero casas, et vos damos con sua lousa et madeyra et seydas et entradas et aguas vertes, pertenenças et dereyturas, por tal condiçon que o dayam et cabidoo da iglesia de Lugo que aian para senpre iamays por aniversario, por estes nosos terreos que vos damos et pella casa et boos paramentos que en estes terreos feçerdes, dous moravedis desta moneda del rey don Alfonso, a oyto soldos o moravedi, cada hun anno por Sant Iohan Bautista, ou contia que os valla.

Et eu, o dito Fernando Peres por min et por minna vos, asi reçebo de vos, dayam et cabiidoo, os ditos terreos para senpre, et obligo-vos os ditos terreos con as casas et boos paramentos que en elles feser eu et minna vos, a vos pagar por elles, cada anno, por Sant Iohan os ditos dous moravedis. Et por que esto seia çerto nos, as ditas partes, rogamos a Fernando Peres, notario de Lugo, que fesese ende duas cartas en hun tennor.

Feyta XVIIIº dias de iunyo, era de mill et CCC LXXX VIIIº annos.

Testemoyas: don Diego Fernandes, dayam; don Fernando de Deus, chantres; Iohan Dias, Iohan Fernandes, Tomas Gomes, coengos; Gonçalvo Eanes, Iohan Afonso, raçoeyros; Affonso Ferrnandes, clerigos; Gonçalvo Peres, sacristan; Lopo Peres, porteyro, ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito publico notario del rey en Lugo, que a esto presente foy con as ditas testemoyas, et por rogo das ditas partes fis scrivir et puge y este meu nome et meu signal.