GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

268
1344, novembro, 21
venda

Tareixa Iáñez, muller de Gómez Lourenzo Celerirón, véndelle a Gonzalo Pérez do Mato, notario, o lugar e pousa de Mende, no couto de Ceboliño, cos muíños da Laxea e de Sub a Torre, por 500 mrs., unha peza de valancina e nove varas de tecido verde.

ACOu, Escrituras VII, 71

Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Tereyia Anes moller de Gomez Lourenço de Çeleiroon morador en Ourense, presente o dito meu marido et outorgante, non costrenguda nen per engano endusida, mays de meu praser et de myña propia vontade, por min et por toda miña voz vendo et logo por esta presente carta entrego a vos Gonçalvo Peres do Mato notario d’Ourense et a toda vossa voz para senpre o lugar et pousa de Meende que he no couto de Çeboliño. O qual lugar he meu per conpra que del fis con o dito meu marido, et ho mays foime dado pelo dito Gomez Lourenço, o que ende era seu por outros beens que el vendeu que eran meus et me perteençian de dereito. Vendovos o dito lugar et pousa con suas casas et curraes et lagar et cortiñas et con suas viñas et foros, et con dous moyños que estan en este termio, dos quaes a hun chaman o moyño da Lagea et ao outro chaman o moyño de Sub a Torre, et con suas herdades et arvores et moas e agoas et fontes et con todas suas entradas et seidas et con todos seus dereitos et perteenças a montes e a fontes por u quer que vaan, et con todas las cousas que ao dito lugar et pousa perteençen et perteençer deven en qual quer maneira et por qual quer rason et que a min enno dito lugar et pousa et en seus termios perteençen et perteençer deven assy que vos et vossa voz ho aiades

Eu Johan Fernandes (sinal) notario



todo daqui endeante en jur de herdade para senpre, et façades do dito lugar et pousa et das cousas que lle perteençen et perteençer deven toda vossa vontade et o que vos aprouver. Et devedes de pagar do dito lugar et pousa aqueles foros et carregas et dereitos que o dito lugar ha a que eu soon tiuda de por el pagar et dizemo a deus, et livre et quite de todo outro enbargo. Pero por razon que o dito Gomez Lourenço meu marido vendeu et enalleou alguuns beens porlo dito lugar de Meende que eran meus et poso por el algunas carregas a que eu non soon tiuda, et esto fez sen meu outorgamento. Eu a dita Tereyia Anes, presente o dito meu marido et outorgante, dou a vos o dito Gonçalvo Perez et a vossa voz toda auçon et defensson et todo outro dereito qual quer que eu ey et poderia por min aver per que o possades demandar et defender et faser sobre todo aquelo que eu faria se presente fosse assy commo sobre vossa cousa propria. Ca outorgo que reçebi todo o preço que a min et a vos aprouvo de me por elo dar, conven a saber çinqo mill mor. de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Afonso doyto en soldo o mor. et huna peça de valançiña enteyra et nove varas de verde daboyvira que aio en meu jur et en meu poder ben et conpridamente en diñeiros contados et o pano passou a meu poder. Et renunçio expressamente aa eiçepçon do aver non contado et que non possa diser que as testemonyas non viron contar o aver. Et logo todo jur, voz, señorio, possisson, propiedade, voz, auçon et defensson que eu e miña voz avemos et de dereito poderiamos aver no dito lugar et pousa et cousas sobre ditas e cada huna delas, todo o tollo et removo de min et de miña voz et poñoo en vos dito Gonçalvo Perez et en toda vossa voz para senpre per esta presente carta. Et se o dito lugar et pousa et cousas sobre ditas agora mays val ou valuer en alguun tenpo ca este preço sobre dito, esta mayoria et melloria dou et outorgo a vos dito Gonçalvo Peres et a toda vossa voz para senpre, por moyto amor e ajuda que de vos reçebi que val mays que esto. Et obligo min et todos meus beens gaañados et por gaañar para anparar vos et vossa voz senpre a dereito con o dito lugar et pousa con sas perteenças segundo que vos las vendo. Et quen quer da miña parte ou da estranya que contra esta carta et venda veer aia a yra de deus et a miña maldiçon et quanto demandar peiteo a vos Gonçalvo Perez et a vossa voz dobrado et aa voz del rey peite por pena çen mor. da boa moeda, et a pena pagada ou non esta carta et venda fique firme. Demays eu dita Tereyia Anes, presente o dito Gomes Lourenço meu marido et outorgante, renunçio ao dereito que o Valiano da aas molleres en que dis que venda que a moller faça en poder de marido non valla, salvo se a ratyffica a cabo dos quatro annos. Mays outorgo que valla esta venda sobre dita asy commo se a cabo dos ditos quatro annos fosse per min ratificada. Et eu o dito Gomes Lourenço por min et por toda miña voz outorgo et ey por firme et por estavil para senpre esta venda segundo que a dita Tereyia Anes miña moller faz. Et outrossy outorgo et ey por firmes todas las cousas et cada huna delas que en esta carta son contiudas. Demays eu o dito Gomes Lourenço et a dita miña moller anbos presentes et outorgantes et cada hun de nos renunçiamos a todo dereito, vos et auçon que nos et cada hun de nos et nossa vos et de cada un de nos avemos et poderiamos aver agora et daqui endeante en qual quer maneira et por qual quer rason enno dito lugar e pousa de Meende con sas perteenças tanben en parte commo en todo. Et poemos lo todo en vos o dito Gonçalvo Peres et en toda vossa voz para senpre per esta presente carta. Feyta a carta en Ourense, viinte et hun dia de novenbro, era de mill et trezentos et oyteenta et dous annos. Testemunyas que presentes foron Fernan Martines vogado reytor da igleia de Morteyra, Fernan Anes morador na rua d’Oobra sobriño de Fernan Porteiro que foy et Afonso Peres ome do dito Fernan Martines. Et eu Bernal Peres notario d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy et esta carta en miña presença fis escrivyr et meu signal y puge en testemunyo de verdade que tal he.