GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

453
1390, abril, 11

foro

Tareixa Afonso subafóralle a Gonzalo Martínez, dito Portugués, polo tempo que ela o ten do cabido, a metade dunhas casas na rúa dos Arcediagos por 4 libras a ela e media ao cabido.

ACOu, Escrituras XX, 65

Sabean quantos esta carta viren commo eu Thareyia Afonso moller de Johan de Lemos que soon presente moradeyra enno lugar da Curugeyra, con liçençia e outorydade do dito meu marydo que he presente et outorgante, dou et outorgo a foro a vos Gonçalvo Martines dito Portugues et a vosa moller Eynes Anes moradores en Ourense |moradores en Ourense| na rua dos Arçidiagos, en vida de vos anbos et mays por las voses por que eu teño este dito aforamento que vos faço do cabidoo da egleia d’Ourense, conven a saber a meatade de hunas casas que me a min perteençen na dita rua dos Arçidiagos, as quaes parten de huun cabo con casas de vos o dito Gonçalvo Portugues et do outro cabo con casas en que mora Joan Anes capelan, nas quaes casas agora mora Fernant Anes clerigo. Aforovos a dita metade das ditas casas con tal condiçon que as mantenades et apostedes commo non desfalescan per mingoa de boon paramento, salvo ende se se danificaren por trave britada ou por fondamento de parede que se aposte et repare por custa do foro da dita casa. Et daredes ende de foro cada anno por dia de Santa Oufemea a min et a miña vos quatro libras de diñeiros brancos desta moeda que agora corre contados viinte soldos por libra ou a estimaçon deles se outra moeda correr, et pagaredes ao dito cabidoo medea libra que ha de aver da meatade da dita casa. Et ajades a dita meatade da dita casa do al disemo a deus et livre et quite de todo outro enbargo et encarrego algun. Et se quiserdes vender, deytar ou subpeñorar a dita meatade das ditas casas que primeiramente frontedes con elas a min ou a miña vos et nos la dedes por lo justo preço que outre por ela quiser dar, et se a nos por lo justo preço non quiseremos resçeber que estonçe a vendades, deytedes ou subpeñoredes aa tal pesona que seia semellavel de vos que aposte e repare ben a dita meatade das ditas casas et pague cada anno os ditos foros et cunpla et agarde as condiçoons desta carta e cada huna delas. Et obligo todos meus beens et do dito cabidoo sigundo que a min son obligados para que vos o dito Gonçalvo Martines et a dita vosa moller seiades anparados et defesos a dereito durante o tenpo de miña vida et mays as voses por que a eu teño aforada sigundo dito he. Et eu o dito Gonçalvo Martines que soon presente por min et por la dita miña moller que non he presente et por las ditas voses por que vos teendes aforada a meatade das ditas casas asi reçebo de vos a dita Tareyia Affonso a dita meatade das ditas casas aforadas porla maneira e condiçoens sobre ditas et para as apostar et reparar do que lles conprir salvo se caeren por fondamento de parede ou por trave britada. Et para pagar de cada anno ao dito cabidoo por lo dito dia de Santa Oufemea a dita medea libra et a vos as ditas quatro libras obligo todos meus beens gaañados et por gaañar. Et he posto penna ontre nos as ditas partes que qual quer de vos que contra esto pasar et ho non conprir et agoardar que peyte aa outra parte que o conprir et agoardar quiser por nomme de penna e interese çen mor. de diñeiros brancos et aa vos del rey outros tantos et a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla enno dito tenpo. Feita a carta en Ourense, onse dias dabril, anno do nasçemento de nostro señor Jhesu Cristo de mill e tresentos et noventa annos. Tests. que a esto foron presentes Ares Dias et Afonso Anes de Vilarnás e o dito Johan de Lemos.

Et eu Gonçalvo Anes notario publico da çibdade d’Ourense por lo obispo et por la egleia dese lugar que a esto que sobre dito he con as ditas tests. presente foi e fis escripvir en miña presença et meu nome e signal aqui fis en test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da cassa que esta enna rua dos
Arçidianos que ten Afonso de Sindran
e lagar que tem Pero do (Tiollo).