GMH/ÍNDICE A-Z

1065
1443, agosto, 13. Lugo

O chantre lucense outorga novo foro dunha adega, pertencente á igrexa de Atán, a favor de Fernando de Prado, da súa muller e de dúas voces por renda anual de dous marabedís e un cuartillón de viño.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/15, perg. orix., galego, cortesá, 150 x 350 mm.

Sabean quantos esta carta de foro como (sic)  eu Afonso Martines de Galdo, chantre en a iglesia de Lugo, tenente a iglesia de San Estevo d’Atan, perteesçente et anexa a a dita mina chantria et dignidade, que estou presente, veendo et entendendo et sabendo que he prol et boo paramento dos froytos et rendas da dita iglesia d’Atan por quanto vos Fernando de Prado, morador que sodes en o dito couto d’Atan, renunçiades et avedes renunçiado en minas maos et poder todo o foro et dereito que avedes a huna mina adega perteescente a a dita iglesia d’Atan, a qual dita adega esta en o curral da dita iglesia d’Atan cabo d’outra adega de Juan de Prado, morador en o dito couto d’Atan; por ende eu, o dito chantre, agora novamente dou et aforo et averbo a vos o dito Fernan de Prado, morador en o dito couto d’Atan, et a vosa muller, Eldonça Gomes, por en todas vosas vidas de anbos et de cada hun de vos, et outras duas personas depus vos, huna delas qual nomeardes en vosas vidas ou a tempo de finamento [de vos et de cada hun de vos], et a outra persona qual nomear aquela persona que por lo postrimeiro de vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia aquela persona que herdar os bees do postrimeyro de vos de dereyto, ou a mayor parte deles; conven a saber que vos aforo a dita adega que asy a min perteesçe por la dita iglesia d’Atan con suas entradas et seydas et agoas vertes, segundo que a usavades et tragiades a jur et a mao et outros por vos et en voso nome fasta o presente, a a tal pleito et condiçon que tenades et mantenades feyta et cuberta et ben reparada a dita adega et en boo estado et reparamento vos et as ditas vosas personas, et me dedes por ela de foro et penson en cada ano en paz et en salvo en o dito lugar vos et a dita vosa muller et personas, que despoys de vos subçederen en este dito foro, a min et a meus susbçesores por dia de Natal dous moravedis de moneda vella, de dez dineiros o moravedi, contando a branca en tres dineiros, et mays hun quartillon de vino boo cozido sen maliçia; et a finamento de vos, o dito Fernan de Prado, et da dita vosa muller et personas avedes de dar et leyxar a dita adega feyta et cuberta et ben reparada, livre et quita et desenbargada a min et a a dita iglesia d’Atan et a meus subçesores, con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Fernan de Prado, que estou presente por min et por la dita mina muller et personas asy reçebo de vos, o dito chantre, este dito foro segundo que dito he por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a todos mues bees et da dita mina muller et personas para o fazer et comprir et gardar et pagar en todo, segundo que dito he, fazendo a dita renunçiaçion expresamente et sinpelesmente do dito foro, segundo que o tina da dita adega ante d’este dito foro en maos et poderio do dito chantre, segundo dito he, et reçebente este dito foro novo da dita adega segundo que dito he de iuso. Et eu, o dito chantre, asy o reçebo et outorgo en a maneira que dita he. Et porque esto seia çerto et verdade nos as ditas partes outorgamos et mandamos ende delo faser por ante Gomes Afonso, notario de Lugo, hun instormento de foro o mays firme et forte que se en dereyto sobre la dita rason poder faser et notar, et que de a cada huna de nos partes seu instormento feytos en hun tenor.

Que foy feyto et outorgado este dito instormento de foro por las ditas partes en a çibdade de Lugo, trese dias do mes d’agosto, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quoreenta et tres anos. O qual vay firmado do nome do dito chantre.

Testemoyas que a esto foron presentes: Juan Lopes do Eyxo, raçoeyro da iglesia de Lugo; et Aras Peres do Cavallo, vesino de Lugo; et Juan Afonso de Reeyris, morador en o dito couto d’Atan; et Vaasco Afonso de Lama, criado do arçidiago de Sarrea.

Et eu Gomes Affonso, notario publico da dita çibdade et obispado de Lugo por abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et por rogo et outorgamento das sobreditas partes este dito foro segundo por min pasou escripvi et por ende puge aqui meu nome et signal que he tal en testemoyo de verdade. O qual vay firmado do nome do dito chantre (signo).

Jo. cantor lucensis.