GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

402
1376, decembro, 23
foro

O cabido afóralle a dúas voces a Lopo Afonso, cóengo, unhas casas ermas na rúa do Pumar, coa obriga de que este as repare, para o que se lle entrega madeira e tellas, por 6 libras de diñeiros.

ACOu, Escrituras XVII, 92
(ed. A. López Carreira, Ourense no século XV, 184-185)

Sabbeam quantos esta carta dafforamento viren commo nos dom Garçia Rodrigues deam da igleia d’Ourense et o cabidoo desse lugar seendo juntados enna claustra nova de Sam Martiño por canpaan tanjuda segundo que he de custume, damos e outorgamos de foro a vos Lopo Affonso coengo d’Ourense et a duas vozes apus de vossa morte, quaes vos nomeardes a tenpo de vosso finamento e nonnas nomeando que enton seia vossa voz aquel ou aquela que herdar os vossos beens de dereito, conven a saber hunas nosas cassas ermas que estam en Ourense na rua do Pumar aa entrada da Barreira apar doutras cassas de Pero Paez tendeiro, ennas quaes suya de morar Mariña Garçia moller de Domingo Caldelas. Aforamos vos estas ditas nossas cassas con suas entradas e seidas et perteenças por tal condiçon que as ergades, reparedes, madeyredes e telledes e apostedes do que lles conprir e as mantenades en tal maneira que non defalescam por mingoa de boon lavor e de boo paramento. Et para reparar as ditas cassas damos vos a tella e madeira das nossas cassas que ora estan ermas aa seyda da dita rua do Pumar ennas quaes suya morar mosse Estevo Lagrava coengo que fuy d’Ourense. Et enna vossa vida que as tenades de nos sen foro e a vosa morte e despoys dela que as ditas vossas vozes dem e paguen en cadahun anno en paz e en salvo a nos o dito cabidoo ou a o nosso moordomo seis libras de diñeiros brancos, as quaes seis libras nos pagarán porlos terços de cadahun anno segundo que se pagan as outras nossas rendas, e livres e quitas de todo outro carrego e enbargo salvo de fumagen sesse ouver a pagar das ditas cassas. Et que aa seida das ditas vossas vozes que as ditas cassas nos fiquen livres e quitas con todos seus boons paramentos. Et se as quiserdes vender, deytar, obrigar ou sopeñorar que ante o frontedes e requerades a nos o dito cabidoo que as tomemos e aiamos tanto por tanto quanto outro der por elas. Et se por ventura alguna contenda sobresto requesçer, que se determine e livre por dous homes boons do dito cabidoo jurados e tomados a prazer das partes sen outra apelaçon alguna. Et obrigamos todos os beens da nossa messa para vos anparar e defender a dereito con este dito aforamento. Et eu o dito Lopo Afonso que presente soo asi reçebo de vos o dito cabidoo o dito aforamento, e obligo todos meus beens ecclesiasticos e seglares para reparar et manteer as ditas casas e pagar en cada anno as ditas miñas vozes as ditas seis libras, et conprir e agardar as condiçoens desta carta e cadahuna delas. Feyta a carta en Ourense, viinte e tres dias de dezenbro, era de mill e quatroçentos e qatorze annos. Testemoyas que a esto presentes foron Vaasco Peres mestrescola, Afonso Fernandes, Martin Peres, Gonçalvo Martines, Gonçalvo Eanes thesoureiro coengos d’Ourense e Gonçalvo Peres, Appariço Eanes raçoeiros d’Ourense e Gonçalvo Martines porteiro do dito cabidoo e outros.

Et eu Garçia Diaz coengo da igleia d’Ourense et notario publico et chanceller da dicta igleia et cibdade d’Ourense porla dicta igleia que a esto speçialmente chamado con as dictas testemuyas presente foy e en mina presença o fiz scripvir et meu nome e signal aqui fiz en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)