GMH/ÍNDICE A-Z

189
132, xaneiro, 24. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo dóanlle a Afonso Pérez, cóengo de aniversario, unha casa na rúa de Batitalas.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 59v.

Era de mill et CCC LVIIIº annos XXIIII dias de janeyro. Don Martin Eanes, dayam, et o cabidoo de Lugo, dan et outorgan a Affonso Perez, coengo d'anniversario, huna casa que esta na rua de Batycalas, que foy de Maestres Simon, que he dos aniversarios, et esta entre la casa do bispo, que ten Maria Arias criada d'Arias Nunez.

Asy que a tena et a posoya por en todos seus dias d'este Affonso Perez et a mantenna en boo estado et a pare ben, et a a morte deste Affonso Perez esta casa fique livre et quita a a yglesia de Lugo con os boos paramentos que en ela foren feytos.

Os que presentes foron testemoyas: don Fernando Arias, archidiago de Deça; don Maestre Afonso, archidiacono de Deçon; don Iohan Eanes, thesoreyro; don Fernando de Deus, chantres; don Iohan Bezerra, iuyç; Pedro Savaschaes et Fernando Alvareç, coengos de Lugo, ts., et outros.

Ego Petrus Iacobi, publicus notarius lucensis, interfui et scripssi.(+).