GMH/ÍNDICE A-Z

785
1378, novembro, 28. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao xuíz Arias Pérez e a dúas voces o casal de San Xulián, na freguesía de Santiago, por renda anual de 20 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 81r.

Era de mill et quatroçentos et des et seys annos, viinte et oyto dias de novembro.

Commo nos o dayan et os omes boos da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno thesouro da dita iglesia, segundo que o avemos de huso et de custume, damos afforo et avervo a vos Aras Peres, juys da dita iglesia, para en toda vosa vida et a duas pesoas despoys de vos a huna qual vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, et outra pesoa qual nomear aquela que vos nomeardes, o noso casal de San Jullao, que he enna fiigregia de Santiago, con todas suas herdades et cassas segundo que as tragia et husava don Roy Gomes, mestrescola que foy da dita iglesia, a a tal condiçon que vos et as ditas pesoas despoys de vos lavredes et façades lavrar et parar ben as herdades do dito casal, et morar as cassas do dito casal et manteerlas en boo estado, et dedes cada ano en foro et renda por lo dito casal et herdades a aquel que tever os aniversraios da dita iglesia viinte moravedis, a oyto soldos o moravedi, desta moneda que ora corre ou d’outra que os vala, et a finamento da pustrimeyra pesoa as herdades do dito casal et casas del han de ficar livres et quitas et desenbarguadas et con todos los boos paramentos que en elas foren feytos a os ditos aniversarios et a a dita iglesia. Et eu o dito Aras Peres, juys, asy reçebo o dito foro et vervo do dito casal et herdades de vos, o dito dayan, et cabidoo para min et para as ditas pesoas, et obligo a min et a meus beens et dellas de o comprirmos en todo.

Et nos, o dito dayan, et cabidoo asy vos-lo outorgamos, et que esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor.

Testemoyas: o dito dayam; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Rodrigo Aras de Parrega, arçidiago de Neyra; don Pero Aras, arçidiago de Triacastela; Thomas Gomes, Fernando Peres [...] Lopes, Diego Lopes, coengos; Johan Garçia, Jacome Ferrnandes, Afonso Eanes, raçoeyros.

Eu Fernando Peres [...].