GMH/ÍNDICE A-Z

333
1356, febreiro, 15
foro

O cabido afóralles a Roi Lourenzo, ourive, e á súa muller, Tareixa Pérez, unhas casas sobre Santa María a Madre, por 14 libras. Foron do cóengo Afonso Viviaez e deixóullelas en vida a varias persoas, que autorizan o foro. O 2 de marzo de 1357 faino Gonzalo Pérez do Mato en nome de Aldonza Núñez, quen cobrará as 14 libras.

ACOu, Escrituras XVII, 72

Era de mill et trezentos et noveenta e quatro annos, quinse dias de fevereyro. Sabbeam quantos esta carta virem que en pressença de min Roy Lourenço notario publico d’Ourense pollo bispo e polla igleia dese lugar et das testemuyas endeante escriptas que juntado o cabidoo da igleia d’Ourense enna costra nova de Sam Martiño hu he duso e de custume de se juntaren a fazer cabidoo, presente y dom Pero Suares dayam da igleia d’Ourense et presente y Paullos Vivyaes et Gonçalvo Vivyaes criados de Affonso Vivyaes coengo que foy d’Ourense, os ditos deam e cabidoo con outorgamento dos ditos Paullos Vivyaes e Gonçalvo Vivyaes elles presentes e outorgantes, deron e outorgaron a foro a Roy Fernandes ourives et a sua moller Tereyia Peres et a todas suas voses para senpre hunas cassas que estan a sobre Santa Maria a Madre, ennas quaes ora mora o dito Roy Fernandes, as quaes estam entre hunas cassas de Garçia Pesquel et as outras cassas que feso o arçidiago Johan Migues et teen as portas na rua publica que vay dos Brancos para a Correaria, as quaes cassas o dito Affonso Vivyaes mandou en seu testamento a Aldonça Nunes en sua vida et a sua morte aos ditos Paullos Vivyaes e Gonçalvo Vivyaes et a Catalina Affonso seus criados por esta condiçon, que elles e cada huun delles as tevesen e pesuysen en suas vidas as ditas cassas et aa morte delles que ficasen as ditas cassas ao dito cabidoo livres e desenbargadas. Deron e outorgaron a foro as ditas cassas ao dito Roy Fernandes e a dita sua moller Tereyia Peres et a todas suas voses para senpre con sas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que as reparen e aposten de todo aquello que lles conprir. Et den dellas cada ano de foro en salvo aa dita Aldonça Nunes en sua vida et aa morte della aos ditos Paullos Vivyaes e Gonçalvo Vivyaes et a dita Catalina Affonso en suas vidas segundo que deven a aver e lles foy mandado pello dito testamento do dito Affonso Vivyaes qatorze libras de diñeiros brancos desta moeda husavil que ora corre de que contan xl par de diñeiros noves por tres libras aos terços do ano segundo que se pagam os diñeiros das outras cassas. Et aa morte destes sobre ditos que o dito Roy Fernandes ou sua vos dia cada ano aos ditos terços ao dito cabidoo para senpre as ditas qatorze libras. Et outrosy he posto que o dito Roy Fernandes dia e pague cada ano para senpre das ditas cassas çinqo soldos de leonesses ao dito cabidoo que deve a aver por ellas, et outrossy deve de pagar dellas cada ano fumagen acustumada. Et avellas livres e quites de todo outro enbargo. Et se contenda recreçer entre o dito Roy Fernandes ou sua vos et o dito cabidoo sobrelas ditas cassas he posto que se termiir por dous omes boons do dito cabidoo postos a praser das partes toda outra apellaçon remota. Et he posto que se o dito Roy Fernandes ou sua vos quisseren vender, deytar ou supinorar as ditas cassas que as vendam, deytem ou supinoren ante ao dito cabidoo caa outre pollo justo preço que outre por ellas der, et se as elles non quisseren que enton as vendam, deyten ou supinoren a atal pesoa que seia semelavil delles que pague e conpra e agarde segundo que elles son tiudos de faser. Et os ditos Paullos Vivyaes e Gonçalvo Vivyaes obrigaron seus beens para enpararen e deffenderen o dito Roy Fernandes e sua vos a dereito con as ditas cassas ennas ditas suas vidas. Et os ditos deam e cabidoo obrigaron os beens da sua messa para enpararen e deffenderen o dito Roy Fernandes et a dita sua moller e todas suas voses para senpre a dereito con o dito foro finados os ditos Aldonça Nunes e Paullos Vivyaes e Gonçalvo Vivyaes e Catalina Affonso. Et o dito Roy Fernandes por sy e polla dita sua moller que non he presente et por todas suas vozes assy reçebeu destes sobre ditos as ditas cassas que lle afforaron commo sobre dito he. Et para as apostar e reparar e para pagar e conprir e agardar as condiçoens sobre ditas et cada huna dellas obrigou todos seus beens gaañados e por gaañar. Et he posto entre as ditas partes que a parte delles que contra esto pasar et o non quisser conprir e agardar que peyte aa outra parte que en ello quisser estar et o quisser conprir e agardar por nome de pena cc moravedis e aa vos del rey outros tantos et a dita pena pagada ou non esta carta e afforamento sobre dito fique firme e valla para senpre. Et desto en commo pasou as ditas partes pidiron a min notario sobre dito que lles dese ende sendas cartas feytas en huun tenor. Feyta a carta en Ourense dentro no dito cabidoo nos dias et era sobre ditos. Testimunyas que foron presentes Affonso Peres e Fernan Martines e Johan Affonso coengos da dita igleia d’Ourense, Johan Garçia porteiro do dito cabidoo.

Et depoys desto, quinze dias dabril na era sobre dita, a dita Catalina Affonso, con outorgamento de Martin Peres seu marido que he presente e outorgante, outorgou o dito afforamento en toda sua vida e na maneira que se en esta carta conten. Et obrigou todos seus beens gaañados e por gaañar para enparar e deffender o dito Roy Fernandes et toda sua vos a dereito enna dita sua vida segundo que se obrigaron os ditos seus yrmaos. Testimunyas o dito Paullos Vivyaes, Fernando Yanes dos Cabellos ome de Gonçalvo do Mato, Lourenço Fernandes de Mydina del Canpo, Diego Lopes carpenteiro.

Et iten depoys desto, dous dias andados do mes de março enna era de mill e tresentos e noveenta et çinqo annos, Gonçalvo Peres do Mato çidadao d’Ourense, procurador da dita Aldonça Nunes, en nome dela outorgou o dito afforamento e ouvoo por firme e por estavil enna vida da dita Aldonça Nunes e enna maneira e pella gissa que era feito, et disso que valuesse et ouvesse firmedume para senpre, pero dando o dito Roy Fernandes as ditas qatorse libras aa dita Aldonça Nunes enna dita sua vida e non a outre. Testemuyas o dito Paullos Vivyaes, Fernando Yanes dos Cabellos, Affonso Guiça escripvan moradores en Ourense.

Et eu Roy Lourenço notario sobre dito que a esto presente foy e esta carta a pedimento do dito Ruy Fernandes en miña presença fis scripvyr e meu nomme e signal y puge en testimunyo de verdade que tal he.

(sinal)