GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

3791370, agosto, 28testamentoTestamento de Gonzalo Pérez do Mato.ACOu, Escritur

separador

ta Maria. Sabeam quantos esta carta de testamento virem que eu Gonçalvo Peres do Mato çi

separador

et outorgo de min e de meus beens meu testamento et miña pustrimeira voontade que depoi

separador

s miñas devedas que de suso em este meu testamento som escriptas et contiudas pelos meus

separador

e rayses que eu aio conprado este meu testamento aas ditas miñas fillas Moor Peres et M

separador

ço meu conpridor et executor deste meu testamento et miña pustrimeira voontade a Estevoo

separador

peçolle et mando que cunpra este meu testamento pelos meus beens et sem seu dapno, et

separador

et dou poder que cunpra este dito meu testamento do dia que me eu fignar ata huun anno

separador

ll mor. Et este dou et outorgo por meu testamento et por miña pustrimeira voontade valle

separador

deyra para senpre, et se outro testamento ou testamentos, codiçilo ou codiçilos

separador

aio feitos ante deste meu testamento revogoos et dou hos por ninhuuns para

separador

o d’Ourense que dou et outorgo por meu testamento et miña pustrimeira voontade que fique

separador

e, et quero et outorgo que valla commo testamento ou commo codiçilo et se non valuer com

separador

arte ou da estraya que contra este meu testamento et miña postrimeira voontade veer et c

separador

tos, et a penna pagada ou non este meu testamento et miña pustrimeira voontade et todo o

separador

la et fique firme para senpre. Feito o testamento en Ourense enna rua d’Oobra ennas cas

separador

e lugar que a esto presente foi e este testamento en myña presença fige escripvir e meu

separador

assi que por min non pude este dicto testamento signar nen scripvir, por dey et outorgu

separador

que scripvisse et signasse este dicto testamento de seu nome et signal et en testemoyo

379
1370, agosto, 28
testamento

Testamento de Gonzalo Pérez do Mato.

ACOu, Escrituras I, 4

Estas som as devedas que eu Gonçalvo Peres do Mato çidadao d’Ourense devo: a Johan d’Ourantes seteçentos crusados. Item devo ao cabidoo da igleia d’Ourense mill et çinqoeenta mor. da sentença que ontre min et elles fuy dada por rason das fiadorias do dean dom Gil Vaasques que eu et Gonçalvo Peres da rua dos Çapateiros meu genro que foy contra o dito cabidoo fiamos ao dito dean. Item devo a Estevoon Lourenço meu genro mill et duzentos et çinqoeenta mor. que me enprestou para pagar ao dito cabidoo. Item lle devo em outra parte ao dito Estevoon Lourenço mill et dusentos et oyteenta mor. que me enprestou em viño. Item lle devo em outra parte seysçentos et seseenta mor. que me enprestou em dineiros feitos. Item devo a Johan Pardo et aa moller que foy de Johan de Furelos os diñeiros de qatorze moyos de vinagre a quatorze libras e media cada moyo et elles devem a min çinqoeenta et seis libras. Item devo a Gonçalvo Tato seysçentos et seseenta et oyto mor.

Estas som as devedas que me a min o dito Gonçalvo Peres do Mato deven: Primeyramente me devem herees de Fernan Pardo tres mill mor. por huun estormento feito por notario. Item me deve Johan Pardo mercador d’Ourense tres mill mor. que de min ouvo em pannos que traballasse con elles a gaañar para min et para sy em conpaña. Item me deve Johan d’Ourantes quinentos mor. que lle enprestey et quitollos.

Enno nomme de deus amen, padre et fillo et spiritu santo que som tres pesonas et huun deus, et da sua madre virgen santa Maria. Sabeam quantos esta carta de testamento virem que eu Gonçalvo Peres do Mato çibdadao d’Ourense jasendo doente enno meu corpo, pero con todo meu siso et entendemento conprido qual mo deus quiso dar et temendo deus padre et a morte que he cousa natural per que todos los vyvos deste mundo avemos de pasar et temendo outrossy que depoys de miña morte poderia recleçer contenda entre algunas pessonas sobre meus beens ou sobre parte delles, por ende faço et ordeno et estabelesco et outorgo de min e de meus beens meu testamento et miña pustrimeira voontade que depois de miña morte senpre fique et seia firme et valledeyro em esta maneira: Primeiramente mando et dou a miña alma ao meu señor Jhesu Cristo padre verdadeyro que a conprou pelo seu santo sange justo preçioso et peço aa virgem santa Maria sua madre et a todos los santos et santas da corte çelestial que lle queiram pedir e rogar que me queira perdoar os meus pecados et me de pareyso aa miña alma. Et mando enterrar o meu corpo enna costra de Sam Martiño da igleia et çidade d’Ourense enno meu moymento que y teño, et mando que me metan em vestidura huna saya et huun capeyrote et hunas calças de goarença, et mando que comprem çera para onra da miña sopultura aquella que meu compridor vir que conpre. Et mando que levem comigo en offerta et por miña alma aa dita igleia de Sam Martiño quando me levarem a enterrar triinta mor. de pan branco et quatro açunbres de viño. Item mando que me terçem tres veses enno anno do dia que me enterraren a huun anno primeyro seguente, o primeiro terço do dia que me enterraren ao terçer dia et ho outro aas seis somanas et o terçeyro ao anno conprido. Et mando que dem en cada terço por amor de deus por miña alma çem mor. em pam et em viño e em carne ou em pescado por lo dia que for. Item mando que façan rezar por miña alma dez et seis salteyros, os dez mentre eu jouver fignado na casa et os seis sobre miña sopultura des que me enteraren. Item mando que digan por miña alma viinte minssas de requien o dia que me enterraren. Item mando que teñan por miña alma quatro triintanarios. Item mando que me façan dezer huun salteyro cantado aquella noyte que me eu fignar. Item mando que me façan teer huun anal de minssas de sacreffiçio por miña alma. Item mando que levem em offerta por miña alma aa dita igleia de Sam Martiño do dia que me enterraren de cada dia ata huun anno e huun dia huun mor. em pam e outro en viño. Item mando ao cabidoo da dita igleia d’Ourense por miña sopultura çento et çinqoeenta mor. em crusados desta moeda que ora corre a huun crusado por cada mor. et que me veñan fazer onra em miña sopultura et me digam huna minssa cantada por miña alma o dia que me enterrarem. Item mando aos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense çinqoeenta mor. da dita moeda et que me viñan faser onra em miña sopultura et fignamento et me digan huna minssa cantada o dia que me enterraren. Item mando ao convento de Sam Françisco d’Ourense çinqoeenta crusados que me veñan faser onra o dia que me eu fignar et quando me enterraren et me digan huna missa cantada por miña alma. Item mando aos laserados da casa de Sam Lasero viinte crusados por amor de deus. Item mando para todas las lanpaas de Sam Martiño e de Santa Ouffemea et de Santa Maria a Madre e de Santa Triindade e de Santa Maria de Possio et de Sam Françisco et de Santa Maria de Reça que non am provysom huun crusado a cada huna. Item mando ao dito cabidoo da igleia d’Ouremse quinse libras que me digan de cada anno para senpre huun aniverssario por miña alma et de Maria Eanes miña moller que foy e daquelles a que eu soon tiudo em aquel dia que me eu fignar, et mandolles que aian estas quinse libras por todos meus beens ou por aquello que lles meus herees asignaren de meus beens para ello por que os aian. Item mando a Maria Martines miña yrmaa huun pelote de vallançina et çem mor. em crusados. Item mando a Tereyia Rodrigues que mora comigo çem mor. crusados. Item mando a Mariña miña mançeba quatro varas de vallançina para huun pelote. Item mando a Moor do Rio que lle paguen çinqoeenta mor. que lle mandou Maria Anes et mandolle mais outros çinqoeenta crusados. Item mando a Johan do Rio çem crusados. Item mando que por rason de huna pustura que he posta ontre min et Johan d’Ourantes escudeyro em rason do enfiamento que fesemos de casarmos a miña filla Maria do Mato et seu fillo Lourenço, se os ditos Maria do Mato e Lourenço veeren a seer de ydade para casarem que a dita pustura et enffiamento que fique firme et se atenda sigundo que he posta, et non chegando os ditos moços a seerem de ydade conprida non seendo casados que a dita pustura fique et seia ninhuna et revocoa et doua por ninhuna non seendo anbos de ydade conprida et casados de suun sigundo dito he. Et entre tanto mando e leixo em poder et em goarda et encomenda a dita moça Maria miña filla a Gonçalvo Tato meu curmao et mandolle e rogolle polo devydo con el ey que faça ynventario per notario con Moor Peres miña filla et con meu conpridor de todos los beens movylles et rayzes que aa dita moça perveeren por miña hereença ou por outra qual quer rason et goarde a dita moça et poña todos los ditos seus beens em renda ata que a dita moça veña a seer de ydade conprida, et a renda que por los ditos beens deren et outrossy todos los ditos beens que o teña todo em mao e poder a dita Moor Peres miña filla yrmaa da dita moça. Et mando ao dito Gonçalvo Tato por lo afam que y tomar quynentos cruzados, et rogo e peço ao dito Johan d’Ourantes polo devydo et amyzade que aio con el que me anpare e defenda a estas miñas fillas Moor Peres e Maria do Mato et lles faça boas obras, et mando a meus conpridor e herees que paguen estas miñas devedas que de suso em este meu testamento som escriptas et contiudas pelos meus beens. Et faço miñas herees em todos los meus beens movylles e rayses que eu aio conprado este meu testamento aas ditas miñas fillas Moor Peres et Maria do Mato cada huna na sua meatade, et morrendo a dita Maria do Mato sem ydade conprida ou sen seme que se tornen et fiquen todos los seus beens aa dita Moor Peres miña filla sua yrmaa et os aia para senpre et faça delles ella et os que os suçeder por ella senpre bem pola miña alma et por la sua. Item mando a Fernan Yanes meu omme que anda nas miñas viñas çinqoeenta cruzados. Et faço meu conpridor et executor deste meu testamento et miña pustrimeira voontade a Estevoo Lourenço mercador vesiño d’Ourense meu genro et rogolle et peçolle et mando que cunpra este meu testamento pelos meus beens et sem seu dapno, et mandolle et dou poder que cunpra este dito meu testamento do dia que me eu fignar ata huun anno conprido, et entre tanto que non aia ningen poder para o acusar por ello, et mandolle por lo afam que y tomar mill mor. Et este dou et outorgo por meu testamento et por miña pustrimeira voontade valledeyra para senpre, et se outro testamento ou testamentos, codiçilo ou codiçilos aio feitos ante deste meu testamento revogoos et dou hos por ninhuuns para senpre et quero e mando et outorgo que non vallam nen aian firmedume em ninhuun tenpo nen em ninhuna maneira que parescan, salvo este que he feito por mao de Roy Gonçalvez notario d’Ourense que dou et outorgo por meu testamento et miña pustrimeira voontade que fique et seia firme para senpre, et quero et outorgo que valla commo testamento ou commo codiçilo et se non valuer commo codiçilo mando que valla commo outra qual quer escriptura pubrica feyta por mao de notario boa e verdadeira. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento et miña postrimeira voontade veer et contra el quiser pasar em parte ou em todo aia a yra de deus et amiña maldiçon, et demais peyte a meus herees et conpridor dez mill mor. da boa moeda, et aa voz del rey outros tantos, et a penna pagada ou non este meu testamento et miña pustrimeira voontade et todo o que em el he escripto et contiudo valla et fique firme para senpre. Feito o testamento en Ourense enna rua d’Oobra ennas casas en que o dito Gonçalvo Peres morava, quarta feyra viinte et oyto dias do mes dagosto, era de mill et quatroçentos et oyto annos. Testimuyas que a esto presentes foron chamadas e rogadas Pero Fernandes Quinteyro et Fernan Yanes et Fernan de Monterroso ommees do dito Gonçalvo Peres et Johan Domingues alfayate morador enno Canpo et Martim Geestosa raçoeiro et Johan Garçia ome do dito Estevoon Lourenço et Martin Peres alfayate morador enno Canpo et o dito Estevo Lourenço mercador et Fernand Afonso ome de Gonçalvo Tato moradores em Ourense.

Et eu Roy Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense por la igleia dese lugar que a esto presente foi e este testamento en myña presença fige escripvir e meu nomme e meu signal aqui puge en testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)

Et eu Garçia Diaz coengo et chançeller da igleia d’Ourense, por quanto era occuppado doutros negoçios assi que por min non pude este dicto testamento signar nen scripvir, por dey et outorguey mina liçençia et auctoridade ao dicto Roy Gonçalvez notario que scripvisse et signasse este dicto testamento de seu nome et signal et en testemoyo de verdade desto meu nome et signal aqui fiz en testemoyo de verdade.

(sinal) taxado en huun
marco de prata

Materias

rúa; alimentos; aniversario; auto xudicial; avinza; cabido; carne; casas; catedral; cera; chanceler; claustro; cóengo; comercio; compañía; confraría; convento; coro; crego; criada; criado; cruzado; cumpridor; cuñada; curmán; deán; débeda; doente; escritura; escudeiro; esmola; esposa; esposo; familia; fianza; fidalgo; filla; fillo; frade; franciscano; herdanza; herdanza; hospital; igrexa; inventario; irmá; irmán; lámpada; leprosaría; libra; liturxia; manceba; marabedí; medidas; menor; mercador; mesa capitular; misa; mosteiro; moza; muller; notario capitular; orde dos Irmáns Menores; orfa; pai; pan; panos; peixe; pena; prata; prezo; rei; roupa; rúa; saia; sentenza; sepultura; socio; sogro; testamenteiro; testamento; titor; vinagre; viño; viúva; voda; xastre; xenro; zapateiro; notario

Persoas

Estevo Lourenzo, mercador; Fernando Afonso, home de Gonzalo Tato; Fernando de Monterroso, home de Gonzalo Pérez do Mato; Fernando Eáns, home de Gonzalo Pérez do Mato; Fernando Eáns, home de Gonzalo Pérez do Mato; Fernando Pardo; García Díaz, cóengo de Ourense; Gonzalo Pérez; Gonzalo Tato; Lourenzo; Maior do Río; María do Mato; María Eáns; María Pérez; Mariña, manceba; Martiño Pérez Xestosa, racioneiro de Ourense; Martiño Pérez, xastre; Pedro Pérez; Roi González, notario; Xil Vázquez, deán de Ourense; Xoán de Furelos; Xoán de Ourantes, escudeiro; Xoán do Río; Xoán Domínguez, xastre; Xoán García, home de Estevo Lourenzo; Xoán Pardo, mercador; Gonzalo Pérez do Mato

Outros

Ourense, concello; San Francisco de Ourense, convento; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, cabido

Lugares

Mato, O; Ourense; Reza, Santa María