GMH/ÍNDICE A-Z

E1-54
1437, abril, 8
O Concello, considerando que non é a súa responsabilidade, rexeita a custodia de tres presos traídos á súa cadea por Pedro Fernández, que insiste no contrario. (fol. 35-35v)

Testemoyo que o procurador tomou contra Pero Fernandes.

A (des)* /a VIII\ dias de abril en Ourense, Meen Suares procurador do conçello /e mestre Fernando\ tomaron testemoyo contra Pero Fernandes (juis)* reçeitor, que tres priguneiros /que enviara Lopo (Sanches) de Alvan ao dito Pero\ que posera enna cadea do conçello, que os tomase e parase en elles mentes, por quanto diso que o conçello non era tiundo de los gardar, fasendoo asy que faría ben etç. senon que protestava sese fosen que a culpa fose do dito Pero Fernandes e non do dito conçello nen do dito mestre fernando etç. Et o dito Pero Fernandes diso que tiundos eran deo gardar por que os avia presos XXVI M.- que devian a el rey, e por ende que lles requeria que os gardasen, senon que sese fosen que elles fosen tiundos etç. de pagar os.- a el rey etç. E os ditos procurador e mestre Fernando (fol. 35)
que o dito Pero Fernandes era tiundo de os gardar, que non elles, por lo ofiçio que tina /por que avía XXX ou XL dias que ende jasian e por que non avia prigoeens para os gardar\ por ende que lle requerian segundo de suso, senon que protestavan segundo protestado avian etç. Tests. Goterre Afonso et Alvaro carniçeiro et Gomes d’Oys.